Por redaccion el Comentarios desactivados en O Inorde promove co proxecto PROMERCADO a valorización dos produtos endóxenos de Ourense
Ten como obxectivo servir de apoio para o sector agroalimentario e desenvolver iniciativas que permitan impulsar a produción e comercialización dos produtos tradicionais da provincia dende o punto de vista empresarial, de análise de mercado e de cooperación intersectorial.
Por redaccion el Comentarios desactivados en Muíños inaugura un Centro de Bicicletas Todo Terreo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o alcalde de Muíños, o presidente de Deputación e o delegado da Xunta inauguraron o Centro de Bicicletas Todo Terreo (BTT) Serra do Xurés.
Por redaccion el Comentarios desactivados en SOS Sanidade Pública atribúe o colapso nas Urxencias a unha xestión sanitaria orientada aos resultados económicos
A xuízo da Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense os xestores sanitarios deberían ter en conta o envellecemento da provincia, a alta cronicidade e apostar pola Atención Primaria.
Por redaccion el Comentarios desactivados en 2.000 ourensáns participaron nas viaxes turísticas do proxecto “Coñece Ourense”
Esta actividade de dinamización turística, organizada pola Deputación por medio do Inorde, ten como obxectivo promocionar a nosa riqueza patrimonial, cultural, termal e natural entre os cidadáns da provincia.
Por redaccion el Comentarios desactivados en A Xunta axuda a 24 centros educativos ourensáns para fomentar clubs de lectura
Un total de 24 centros educativos da provincia de Ourense recibirán as axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incentivar o funcionamento de Clubs de Lectura no seo da súa biblioteca escolar.