Por redaccion el Comentarios desactivados en Estudantes do colexio María Inmaculada participan nunha demostración de xogos tradicionais
A AECT Eurocidade Chaves-Verín, coa colaboración do Clube Cultural e Recreativo de Vilela do Tâmega en Chaves, organizou unha demostración de xogos tradicionais para cen escolares do CPR Plurilingüe María Inmaculada de Verín.
Por redaccion el Comentarios desactivados en ‘Día do Libro’ na Biblioteca de Verín
Haberá contacontos e obradoiro de manualidades para confeccionar marcapáxinas de cartolina e goma eva. As actividades están dirixidas a cativos de entre 3 e 9 anos.
Por redaccion el Comentarios desactivados en Concerto solidario en Verín
Terá lugar este sábado na Igrexa Parroquial ás 17 horas. O diñeiro recadado entre a venda de entradas e as doazóns dos asistentes será destinado a Cáritas Verín.
Por redaccion el Comentarios desactivados en A Plataforma en Defensa do Partido Xudicial de Verín acusa a Jiménez Morán de intentar frear a súa loita
O rexedor verinés rexeitou que se debatera a moción presentada sobre a supresión dos rexistros civís na asamblea da Mancomunidade de Concellos de Verín, alegando que o ministro de Xustiza xa garantira a gratuidade deste servizo.
Por redaccion el Comentarios desactivados en O Concello de Verín inicia as actuacións de recuperación do xacemento arqueolóxico do Bouzadoiro
No contorno do Pozo do Demo, atópase o xacemento arqueolóxico do Bouzadoiro, que nas vindeiras semanas será recuperado por parte do Concello de Verín, co obxecto de poñelo en valor así como o espazo natural e paisaxístico no que está situado.
Por redaccion el Comentarios desactivados en A Xunta ultima os trámites para a aprobación definitiva do PXOM de Oímbra
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, reuniuse co alcalde de Oímbra, Alfonso Villarino, co fin de seguir avanzando no Plan Xeral, cuxa aprobación definitiva porá fin ás normas subsidiarias de planeamento vixentes dende 1991.