A final do Mundial de fútbol cambia os horarios das Festas de Santa Mariña

En concreto serán tres eventos o domingo 19 para non coincidir co España – Argentina. Celébranse do 16 ao 20 de xullo.

Co obxectivo de que toda a veciñanza e visitantes poidan seguir en directo a final do Mundial de fútbol na que xogará a selección española, e compatibilizalo coas Festas de Santa Mariña, a axenda musical da explanada do Toural queda reestruturada do seguinte xeito:
– 23:00 h: Primeiro pase da orquestra Olympus
– 01:00 h: Concerto de Kiko Rivera
– 02:00 h: Segundo pase da orquestra Olympus

O resto de eventos manteñen o seu horario.
Durante cinco días, a vila converterase no gran epicentro festivo da comarca, cunha proposta pensada para atraer tanto á veciñanza como a visitantes, consolidando Xinzo como un referente no calendario festivo da provincia.

A programación arrancará o xoves 16 coa actuación da orquestra Origen, seguida do concerto do recoñecido artista internacional Henry Méndez, nunha primeira gran noite na explanada do Toural.
O venres 17 estará marcado pola animación e a participación, coa tradicional festa da escuma, e unha potente proposta musical que inclúe á orquestra KUBO e ao mítico grupo Ráfaga, rematando a noite cunha sesión DJ.

O sábado 18, día grande na honra da patroa, Santa Mariña, combinará os actos máis tradicionais como a alborada, a procesión e os pasarrúas cos xigantes e cabezudos, cunha intensa programación lúdica e musical. Destacan propostas como o mercadiño, a Color Party e as actuacións de A Gramola Tour Life e da espectacular orquestra Função Pública, garantindo unha das xornadas máis completas das festas.

O domingo 19 reforza a aposta por todos os públicos, con actividades familiares e unha potente noite musical protagonizada pola orquestra Olympus e o espectáculo de Kiko Rivera, pechando coa discomóbil Apocalipsis.

As festas porán o seu broche final o luns 20 cunha xornada pensada para o desfrute familiar, que incluirá sesión vermú, inchables acuáticos e a actuación da orquestra Capitol.

Programación completa
Xoves día 16
– 21:30 Orquestra ORIGEN. Explanada de Toural
– 23:00 HENRY MENDEZ en Concerto. Explanada do Toural

Venres día 17
– 19:30 Festa da escuma. Parque do Toural
– 21:30 Orquestra KUBO (1 pase). Explanada do Toural
– 23:30 RÁFAGA en concerto. Explanada do Toural
– 01:00 Orquestra KUBO (2 pase). 02:00 Sesión DJ

Sábado día 18
Día da Patroa de Xinzo de Limia Santa Mariña
– 11:00 Alborada polas rúas e prazas da Vila
– 12:00 Procesión na honra da Patroa de Xinzo. Acompañada por as bandas AMDL e BGX de Xinzo de Limia
– 13:30 Ambientación musical na Praza Maior e pasarrúas con DO REVÉS acompañando aos XIGANTES E CABEZUDOS.
– 16:00 Apertura Mercadiño de segunda man, set de vinilos e tatuaxes. Praza Xoán XXIII
– 20:30 Concerto da Agrupación Musical da Limia. Igrexa Nova
– 19:30 Color Party. Praza de Oriente
– 21:30 A GRAMOLA TOUR LIFE. Explanada do Toural
– 23:00 Gran orquestra espectáculo FUNÇAO PÚBLICA. Explanada do Toural
– 02:00 A GRAMOLA TOUR LIFE. Explanada do toural

Domingo día 19
– 13:00 Sesión vermú. Paza maior
– 12:00 II Campionato de Futbolín Santa Mariña. Praza de oriente
– 19:00 Horas Festa Familiar. POMPER, A FESTA DAS POMPAS XIGANTES. Praza Xoan XXIII
– 23:00 h: Primeiro pase da orquestra Olympus
– 01:00 h: Concerto de Kiko Rivera
– 02:00 h: Segundo pase da orquestra Olympus
– 02:00 Discomòvil APOCALIPSIS. Explanada do Toural

Luns día 20
– 13:00 Sesión vermú. Praza maior
– 18:00 Inchables Acuáticos. Praza Carlos Casares
– 20:30 Orquestra CAPITOL. Explanada do Toural