Será este 31 de decembro, coas tradicionais badaladas ás 12 do mediodía.

Este 31 de decembro,  os nenos e nenas de Verín poderán despedir o ano celebrando un divertido cotillón infantil no Pavillón Municipal de Deportes, con música de Nadal, doces, maquillaxe de festa e gominolas, e cando cheguen ás 12:00 horas, badaladas para despedir o ano 2015.

O cotillón infantil enmárcase dentro das actividades do Ludonadal, organizadas polo  Concello de Verín e a Asociación de Empresarios de Verín (AEVER-CCU Verín) dende o luns 21 de decembro e ata o 5 de xaneiro, destinadas a estas datas e dirixidas a cativos de entre os 3 e 10 anos, co obxecto de promocionar económicamente o comercio tradicional na localidade, facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos nenos un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal.

Ludonadal

O Ludonadal realizase no pavillón de deportes municipal de luns a sábado, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. Para poder acceder a esta actividade, na que varios monitores encargaranse da dinamización da mesma, será necesario entregar o ticket da compra, á hora de recoller ao menor, e que xustifique a realización de compras nalgún dos establecementos integrados en AEVER. Tamén se pode acceder ao servizo de Ludonadal a través do abono do mesmo. O prezo por utilizar este servizo, durante todos os días e horas, é de 30 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 20 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).

As seguintes actividades que acolle esta iniciativa será a Festa do doce do Nadal e obradoiro de galletas (o 2 de xaneiro), Obradoiro de corcho (4 de xaneiro) e Cabalgata de Reis Magos (5 de xaneiro).

Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou no teléfono 988 41 47 76.