Terán lugar na praza Maior de Verín o 17 de maio.

O Concello de Verín organiza, por décimo ano consecutivo, as Xornadas de Deporte e Saúde, que terán lugar o 17 de maio. As xornadas están destinadas a desenvolver políticas activas para mellorar a calidade de vida dos veciños, promovendo a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.

Terán lugar na praza Maior de Verín de 10:00 a 13:30 horas, e haberá sesións deportivas, para todas as idades, de disciplinas como, zumba, urban, acorosport, aerofolk e aerobic, con exhibicións por parte das Escolas Deportivas e o Centro Sociocomunitario de Verín.

Do mesmo xeito, e durante toda a xornada de Deporte e Saúde, estará dispoñible una ludoteca con inchables para os pequenos.

Sétima edición do Torneo Internacional  Fútbol 8 Vila de Verín

No marco das xornadas de Deporte e Saúde organizadas polo Concello de Verín , durante os días 4 e 5 de xuño terá lugar, no Pavillón da Granxa, a sétima edición do Torneo Internacional Fútbol 8 Vila de Verín, nas categorías benxamín, prebenxamin e alevin, no que participarán 40 equipos.