O colexio Rosalía de Castro de Xinzo celebra o seu festival de fin de curso

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu este mércores ao festival de fin de curso no CEIP Rosalía de Castro, da localidade de Xinzo de Limia.

O acto consistiu en actuacións musicais e de baile no que participaron a totalidade dos alumnos e alumnas deste centro educativo. Díaz Mouteira, aproveitou a visita para analizar as necesidades do colexio co seu equipo directivo.