Do 21 ao 25 de novembro no Auditorio e con entrada gratuíta. As actividades terán lugar ás 20:30 horas.

O Auditorio acolle a “XVIII Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán”

O Auditorio municipal acollerá, do 21 ao 25 de novembro, a décimoitava edición da Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán”.

A semana quere percorrer a historia da relación de Ourense coa montaña. Así, o luns 21 desde as 20:30 horas haberá un relatorio titulado Os albores da montaña. Historia da montañismo ourensá dende os 70, a cargo dos ex-presidentes do Club Alpino Ourensán. O resto do programa, como segue:

Martes 22. Patagonia: Alpinismo salvaxe, por Manu Veiga. Durante o primeiros vinte días do mes de xaneiro de 2016, un membro do Club Alpino Ourensán xunto con outros dous alpinistas realizaron unha serie de actividades na Patagonia Arxentina. O descubrimento do alpinismo austral, dos costumes locais e dos ventos patagónicos serán o tema da proxección.

Mércores 23. Dereito e Montaña: século e medio de relación, por Alejandro López. Desde os albores do montañismo, o dereito estivo patente en moitas das xestas do alpinismo, desde Whimper no Cervino, á primeira do Eiger, a épica de Bonatti no Annapurna ou as actuais actividades no Himalaya invernal. A proxección será unha análise dos problemas xurídicos e de responsabilidade no mundo da montaña e que afectan a un grande número de persoas

Xoves 24. Volta ao Mundo a pé: A conquista dun soño, por Nacho Dean. A historia dunha volta ao mundo camiñando que levou a Nacho Dean durante 3 anos a percorrer 4 continentes, 31 países e 33.000 quilómetros en solitario, sen asistencia e sen interrupción.

Venres 25. Relatorio do Equipo Feminino de Alpinismo FEDME. Ao longo de tres anos, as mozas seleccionadas para formar parte do Equipo Feminino de Alpinismo realizan varias concentracións anuais. Neste relatorio as mozas presentarán as súas actividades e compartirán a súa paixón pola montaña  sempre cun sorriso e con bo humor.