O Concello de Ourense presenta a súa oferta cultural para o último mes do ano, que se inicia cun concerto da Real Filharmonía de Galicia este mesmo xoves, 3 de decembro. O acto, dentro do ciclo lírico anual Enclave de Cámara, estará dirixido por Maximino Zumalave e o seu programa estará baseado en obras de […]
A cidade de Ourense xa coñece a súa programación cultural de verán. Terá lugar durante os meses de xullo, agosto e setembro na terraza do Auditorio -parte traseira, con acceso desde rúa da Canle- As actividades serán os xoves e venres e comezarán ás 20:30 horas -salvo as de setembro, que se adiantan ás 20:00 […]
Luisa Merelas, Luis Zahera con Oswaldo Digón ou Ángeles Martín con Beatriz Bergamín subirán esta semana ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense, que programa tres interesantes citas teatrais. O xoves, 31, ás 20.30 horas, Malasombra producións represenrtará Bernarda, obra dramática protagonizada polas actrices galegas Luísa Merelas (gañadora de 2 premios María Casares), Celia González […]
A compañía ourensá Sarabela Teatro estreará esta fin de semana no Auditorio a súa nova montaxe: “Crónicas do Paraíso”. Haberá dúas sesións (o sábado 21, ás 21h e domingo 22, ás 20h). “Crónicas do paraíso” é unha versión libre de ”As Crónicas do Sochantre” de Álvaro Cunqueiro. A trama orixinal de Cunqueiro sirve para dar […]
O teatro invade o auditorio de Ourense esta fin de semana, con representacións de diferentes compañías galegas: Ítaca Teatro, a ourensá A quinta do cuadrante, e Entremáns. Pechará a semana o musical Rosalía Pequeniña, unha montaxe musical para festexar o Día de Rosalía, con Uxía Senlle, Sergio Tannus e Héctor Lorenzo sobre o escenario. A […]
O Auditorio de Ourense amosa o talento de dous autores da nosa cidade, o do músico Luís Cepeda e o do dramaturgo Tito Asorey. En ambos casos, por partida dobre, xa que haberá dous pases dos respectivos espectáculos. As entradas están á venda en www.ataquilla.com ou no despacho de billetes do Auditorio dúas horas antes […]
Monicreques, monólogos e música de piano. É a oferta do Auditorio municipal de Ourense para esta fin de semana. ‘Musicreques, contacontos musical’ é un espectáculo de monicreques con música en directo. A narración oral acompáñase de rimas, cantos e soportes visuais para que os nenos e nenas participen da maxia dos contos. Estes son orixinas, […]
O OUFF Escola celebrou a súa entrega de premios no Auditorio Municipal de Ourense, no que é a novena edición deste concurso. O actor Fernando González, foi o encargado de presentar o acto nunha sala chea de público novo e ilusionado. Os galardóns desta edición foron: – Mencións especiais: Centro de Educación Especial Infanta Elena […]
Máis de 40 espectáculos de diferentes especialidades integran a programación cultural do Auditorio Municipal de Ourense para o último cuatrimestre do ano. A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e o programador Manuel Freire presentaron as diferentes propostas, que inclúen música, teatro ou danza, xunto coa xa tradicional programación familiar de todos os domingos, que achegará […]
A Mostra Internacional de Teatro de Ourense (MITEU) contarán con sete países representados. Serán un total de 29 espectáculos os que se representen nos 17 días que transcorrerán entre o 12 e 28 de abril. De Perú, Canadá, Portugal, Guinea Ecuatorial, Italia, Marrocos serán as representacións internacionais que se sumarán a outras de compañías galegas […]