Do 17 ao 22 de xullo.

Festas de Santa Mariña en Xinzo

Xinzo de Limia vivirá as súas festas maiores do 17 ao 22 de xullo. Case unha semana de festas a farán das máis longas da historia en Xinzo. O seu orzamento é de 42.000 euros.

No referente a orquestras, comezarán o día 17 en sesión de tarde noite a remobrada Olympus. O seguinte día, o da patrona, serán os componentes de Armonía show os encargados de poner a música. Para rematar, serán os limiáns de Nebraska os que lle poñan o broche final as festas 2018 o domingo 22.
O xoves 19 será Kepa Junquerae Sorginak, a actuación, ás 22.30 h, na praza Carlos Casares.

Para os máis cativos
No apartado infantil o mércores actuará o grupo “Lila Teatro Infantil” e dous días de festa da escuma, unha no parque da Telleira e outro no parque do Galicia do Polígono.
Non faltarán os magos. Na Praza maior o sábado actuará o “Mago Romarís”.

Festival Internacional de bandas de gaitas
Esta cuarta edición do festival internacional de bandas de gaitas, tamén entra dentro da semana das festas. Este ano achegaranse a Xinzo un grupo de Bretaña (Francia), un de Asturias, un de Ponte da Lima (Portugal), así como as duas bandas A e B de Xinzo e os aspirantes da Real Banda da Deputación. Este festival terá lugar na praza Carlos Casares o sábado 21.
Como en edicións antetriores e antes da actuación no festival as bandas percoreran rúas do casco urbán de Xinzo e o domingo pola maña, darán tamén unha alborada na Praza Maior e no casco vello.

Festa popular
A Agrupación Musical da Limia será a encargada de organizar esta primeira festa ao longo de todo o día. Comezarán pola mañá con pasarrúas, xigantes e cabezudos e pola tarde noite con inchables e diversos concertos tanto de bandas locais como da Banda de Tenorio (Pontevedra). Rematarán o día cunha cea, coa actuación do grupo Canela Cafuné e cun Dj.