Xa temos na rúa o primeiro número de 2019 da publicación Barrios.

Barrios 81

Na portada anunciamos a perda de poboación da provincia, pasando de 311.680 aos 309.293. O conselleiro de Medio Rural, José González, visitou a empresarios do sector agrogandeiro da Limia para falar de diversos temas entre os que estaban o regadío da zona. Unha gran racha leva a Club Ourense Baloncesto a ocupar postos de playoff. Os orzamentos xerais do Estado crearon balbordo na provincia pola partida para Ourense.

Ourense pecha 2018 con 19.099 parados; mentres a CEO ve o dato como positivo, dende os sindicatos destacan a precariedade e a temporalidade dos contratos. A praza San Marcial contará con 16 novas árbores; substituriranse seis que se atopan en mal estado. «Nin un paso atrás», maniféstase; a plataforma oponse a que formacións políticas negocien sobre violencia de xénero.

Barbadás conta desde este ano cun CIM, ubicado no antigo centro de saúde. O Concello de Barbadás implantará un sistema de entrada e saída aos seus traballadores.

Vilar de Santos analiza as axudas para vivendas; o rexedor mantivo unha reunión coa conselleira de Vivenda.
Protección Civil de Xinzo presenta a súa memoria anual; os voluntarios de Xinzo realizaron case 900 saídas.
Alumnos dos Blancos fórmanse en robótica participando este curso nun programa introductorio.
“Ourense recopila” arrancou en Allariz; a campaña pretende concienciar á cidadanía sobre a reciclaxe.
Rebulir entregou os seus premios; o Concello de Celanova foi un dos galardoados pola romaría Raigame de Vilanova dos Infantes.

En deportes, en Terceira división de fútbol, a UD Ourense métese en promoción, o Ourense CF vence ao Compostela e Barco e Arenteiro empatan no derbi. En fútbol sala seguen con boa dinámica o Sala Ourense, Ourense Envialia e Cidade das Burgas, en 2ª B, Primeira e Segunda división, respectivamente.

Artigos, clasificados, axenda e máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha