Xa está na rúa o número 126 de Barrios.

Barrios 126

A portada a copa a pandemia sanitaria provocada pola COVID-19. Mostramos parte das pautas que debemos seguir cara á nova normalidade ata que se atope unha vacuna ou un medicamento eficiente contra este coronavirus. Mantes a distancia de seguridade, o uso de máscara e evitar aglomeracións son algunhas das medidas.
Entrevistamos a Diana e Emilio, un matrimonio de enfermeiros que nos contan a súa loita contra a covid.

Cáritas Ourense fixo balance de 2019 e explicou como se disparou o comedor social durante o confinamento. Amencer volve este verán con todas as medidas de seguridade.
Unha modificación de crédito permitirá ao Concello dispor de 20 millóns para obras. Chega a tarxeta Xente Nova; para viaxar de balde en transporte público os menores de 21 anos.

En Xinzo, realizáronse melloras nos accesos a Pidre, Boado e Piñeira Seca. Establécense quendas, limitacións de aforo e de tempos de uso na piscina climatizada e o ximnasio municipal.
A Romaría da Saínza e a Festa do Esquecemento suspendéronse este ano.

Allariz organiza un obradoiro para mulleres este mes de xuño. Unanimidade nos grupos políticos do Concello en relación á reactivación económica da vila.
En Celanova, a asociación Pato Blanco dona 600 euros a Cruz Vermella. O BNG pide que se habilite, no próximo pleno, o escano cidadán.

En deportes, Ourense CF e Barco, xóganse o ascenso á Segunda división no estadio de Balaídos. Os capitalinos disputan a semifinal fronte o Arousa o 19 de xullo, mentres que os barquenses se miden ao Compos un día antes; a final terá lugar o 25 de xullo.
Kike García firma unha tempada máis como adestrador do Sala Ourense, de Segunda división B.

Os artigos deste número tráennos un novo capítulo de «Decrecendo», nesta ocasión nos explica cales son as oito «R» deste movemento.
«Diario dunha emigrante» fala da revalorización da vida rural. E iniciamos unha nova sección con «Un emigrante en Alemania», na que José Mateos Mariscal móstranos a súa visión da emigración.

Todo isto e máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha