Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Barrios 149

A portada, desta vez, trae as novas restricións dunha desescalada que vai a trompicóns; a explosións de casos activos do virus Covid19 fixo que desde a Xunta de Galicia tomaran medidas para conter a propagación do mesmo. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome retira todos os mupis da cidade. A estación Intermodal está rematada e desde a Xunta, Feijóo reclama que o Estado realice as obras da estación de tren. O Concello de Verín remata a primeira fase de limpeza e desbroce no río Támega.

En Ourense, un pleno extraordinario tratará a rebaixa do imposto de circulación de vehículos. Un estudo analiza a situación do emprego na cidade, con especial atención ao feminino. Deporte Galego beneficia a 15 clubs ourensáns.

O FIC Vía XIV de Verín terá como festival convidado ao Tempo Documentary Festival de Suecia. A biblioteca de Verín recibe o premio María Molinar polo fomento da lectura. O Concello coloca os parasoles na hostalaría da vila. O colleita de 2020 da DO Monterrei foi catalogada de moi boa. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reivindica Mondariz como tractor económico das infraestruturas termais.

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, recibe ao alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, para tratar temas do concello. Realizáronse obras en Santa Uxía e en Bentraces. A organización do Tangaraño Rock plantéxase regresar este ano.

Adercou e CEO firman un convenio para dinamizar o emprendemento no rural. A Xunta axuda ás mulleres emprendedoras mediante o programa Emega.

Clasificados, artigos, humor e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 149