Xa está publicado o novo número de Barrios.

Barrios 160

Dúas citas centrais ocupan a portada deste número: os entroidos da provincia que xa están en marcha, e o Campionato de España de atletismo en pista cuberta que est fin de semana alberga Expourense.

O Concello de Ourense aumenta a plantilla de Policía Local e bombeiros. Unha subvención de case 5 millóns de euros paramercar autobuses eléctricos ou instalacións de ramplas mecánicas, entre outros. A Xunta mellorará os accesos de catro hospitais da provincia (Ourense, Piñor, Verín e O Barco de Valdeorras).

Barbadás aumenta os fondos para os servizos sociais. San Cibrao, A Merca e Barbadás firman un convenio para o saneamento do Barbañica. O Rali de Ourense terá un tramo en Barbadás. Iluminación LED para Sobrado do Bispo.

Xinzo mantén unha baixa criminalidade. O Concello recupera lavadoiros e fontes, con prioridade sobre os que pasan pola Vía da Prata. A axuda a domicilio non ten lista de espera. A Policía Local conta con máis medios para a seguridade.

Verín aposta polo Pozo do Demo para a dinamización do turismo; creará seis rutas temáticas. Verín acolle o 25 e 26 de marzo as Xornadas de Novela Histórica. DO e Caixabank firman un convenio. Alumnos do María Inmculada descobren outras épocas.

O COB segue de líder na LEB Prata pero con algunha dúbida no seu xogo. O Arenteiro perde contra o Pontevedra na 2ª RFEF; mentres a UD Ourense mantense invita na Autonómica. En fútbol sala dimite Óscar Vivián como adestrador do Sala Ourense.

Ocio, clasificados, artigos, humor e máis no novo númerod e Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha

SOURCE: Barrios 160