Allariz e Bande vibraron coas Xornadas de Folclore

Hoxe suspéndese a actuación de Manzaneda. En Maceda actuación ás 22.30h na rúa do Toural.

Comezou en Bande e Allariz a xira pola provincia das Xornadas de Folclore. As seis agrupacións que forman parte desta nova edición despregarán a vistosidade dos traxes, as danzas e os ritmos ante o público. Detrás destes espectáculos están anos de intenso traballo de investigación e recuperación do folclore tradicional que os grupos participantes levan a cabo nos seus países.

As Xornadas están organizadas pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

O repertorio de cada agrupación participante é tan só unha pequena mostra da gran riqueza e variedade cultural que acolle cada país. Os asistentes esta noite ao Festival na Praza da Constitución de Bande poderán gozar coas danzas e o os ritmos do Ballet F. Municipal de Rancagua de Chile, Royal Tara Dance Academy de Irlanda do Norte e ‘Tsumu’ de Xeorxia.

No campo da Barreira de Allariz actuaron Huayra Muyoj de Arxentina, Phicas of BC de Filipinas e Folk Dance Ensemble Volynianka de Ucraína.
O lugar quedouse pequeno á hora de acoller este espectáculo das tres formacións de tres países e tres continentes distintos. As caderiras foron todas ocupadas e a xente acomodouse nas escaleiras do convento de Santa Clara.

Bande
O grupo que abriu estes dez días de festa cultural -en Bande- é o Ballet F. Municipal de Rancagua de Chile, fundado no 2008 por unha iniciativa da Ilustre Municipalidade de Rancagua. Na actualidade conta con medio cento de integrantes, entre bailaríns e músicos, que se adican á recuperación, transmisión e posta en escena dos costumes e tradicións relacionadas co folclore do país chileno. No seu repertorio a agrupación fai un percorrido pola xeografía do país sudamericano, dende o norte até o sur, incluíndo a illa de Pascua. Tamén amosan a diversidade de manifestacións étnico-culturais que conforman a poboación chilena: o carnaval norteño, a danza afro-boliviana ou a de orixe español.

Mércores 13
Este mércores, 13 de agosto, tocaba a actuación  en Manzaneda e Maceda.
No contexto da situación actual de emerxencia en Manzaneda polos incendios forestais, a Deputación comunicou a cancelación do espectáculo previsto para hoxe en Manzaneda nas Xornadas de Folclore.
O resto de actuacións dos grupos de folclore na provincia mantense, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas.

22.30h. Manzaneda (patio Colexio). Arxentina, Filipinas e Ucraína. Suspendida
22.30h. Maceda (Rúa do Toural). Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.