Xinzo co 25N: marcha, faladoiros e obradoiros de prevención

O martes 25, día central, terá lugar a marcha “Por unha sociedade libre de violencia contra as mulleres”.

O Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde e do CIM, puxo en marcha a programación do 25N – Por unha sociedade libre de violencia contra as mulleres. O calendario inclúe accións de sensibilización, traballo educativo e participación cidadá ao longo de varias xornadas.

O venres 21 celebrouse o faladoiro “Experiencias empoderantes: a vida máis alá da violencia”, dentro do grupo de autoaxuda de mulleres superviventes. O martes 25, día central, terá lugar a marcha “Por unha sociedade libre de violencia contra as mulleres” (saída ás 11:45 da Praza Maior, regreso á Praza Maior ás 12:30 e lectura do Manifesto ás 12:30). O mércores 26 desenvolverase o obradoiro “Prevención das violencias en internet” nos CEIPs do municipio.

Como peche da programación, o venres 28 ás 11:00 h celebrarase en Ágora (avenida Madrid, 8) o obradoiro “Crianza e bo trato: Como educar libres de violencia”, impartido por Antía Pousa, unha proposta práctica dirixida a familias e comunidade educativa para fomentar contornas de crianza seguras e corresponsables.

O Concello fai un chamamento á participación da veciñanza e dos centros educativos, salientando que estas accións forman parte do compromiso municipal coa prevención, co acompañamento ás vítimas e coa educación en igualdade ao longo de todo o ano.