Campus Multideporte en Allariz

O Concello colabora nunha nova edición.

O Concello de Allariz colabora nunha nova edición do Campus Multideporte, que se celebrará os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril no Pavillón Municipal de Allariz. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

A presentación tivo lugar no propio Pavillón Municipal de Allariz, coa presenza do concelleiro de Deportes, Carlos Puga, e da xerente de Ociosaugal, Sara Pato, entidade organizadora do campus.

O bdesenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas, ofrecendo tamén a posibilidade de ampliación opcional de 9:00 a 10:00 horas para facilitar a conciliación das familias.

Durante as tres xornadas, as persoas participantes poderán practicar diferentes modalidades deportivas como atletismo, escalada, fútbol sala, baloncesto e baile, ademais doutras propostas lúdico-deportivas. O campus inclúe camiseta e diploma acreditativo, seguro médico privado e estará coordinado por monitoras e monitores titulados e con experiencia.

As inscricións poden realizarse a través da páxina web:
https://ociosaugal.es/campus-ss-multideporte-allariz/