Barrios 248

Na rúa o novo número de Barrios.

A portada trae a entrega do Premio Clara Campoamor a Marisol Nóvoa, a título póstumo. Entrevistamos a Valentín Barreiros Bermejo trala publicación do libro de poemas «Caderno de verá».

A Xunta investirá no PIA de Ourense 13,5 millóns, no que se prevé a construción de 1.435 vivendas, o 80% protexidas. Continúan paradas as obras da avenida de Portugal. O Auditorio de Ourense acollerá a Gala Solidaria Por Eles Tea, o 18 de abril. Continúan as reivindicacións de
“Dereito ao Tren” esixindo máis paradas do AVE na Gudiña. Remodelación de dous parques infantís, os de Ribeira de Canedo e José Cornide.

Verín eleva o investimento a 5,2 millóns de euros tras mobilizar máis de 2,27 millóns de financiamento externo. Goberno e oposición enfróntanse pola financiación da depuradora. O Concello construirá unha nova escola infantil cun investimento de 1.162.000 euros.

O Polideportivo Municipal de Barbadás ampliarase cunha inversión de 1,2 millóns; a primeira fase consiste na instalación dun ascensor. Videoxogos e realidade virtual no 5º Barbadás Gaming os días 31 de marzo e 1 de abril. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Válcarcel, asegura que se perdeu o obradoiro por culpa do Concello de Taboadela.

Xunqueira de Ambía conta cunha nova residencia de maiores. A Deputación da o primeiro paso para a Feira do Viño da Ribeira Sacra.

Deportes, ocio, opinión e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha