Barrios 249

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

A portada, nesta ocasión trae dúas presentacións de eventos que terán lugar en Ourense esta fin de semana: Expourense acolle o 4º Salón do Vehículo Clásico, e o Auditorio alberga a oitava edición do Ourencanto. Ademais, Xinzo tamén é protagonista coa entrega dos Premios Semente e a exposición das propostas para a construción do Auditorio.
As obras da rúa Castor Elices de Celanova xa remataron e Allariz presenta a Festa do Boi 2026.

Xinzo acolle a expoisición de cornamusas primitivas e entrega os premios das mellores fotografías do Entroido. Unha expedición de estudantes mexicanos fixeron parada na capital da Limia para coñecer como funciona a administración local. Este sábado, 11 de abril, celébrase un concerto en homenaxe a Faustino Santalices, a partir das 20.00h na Casa da Cultura.

Quesos Feijoo, de Celanova, chega ao mercado francés grazas ao programa «Galicia Avanza» da Xunta de Galicia. O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, visitou Óptica Anteollos adherida ao Plan Veo para axudas a menores de 16 anos na compra de gafas.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedica o Día das Artes Galegas ao fotógrafo alaricano, José Suárez; o acto central tivo lugar en Allariz, e a Deptuación de Ourense, no seu Centro Cultural, acollerá unha exposición coas súas fotografías.

Provincia, ocio, deportes, opinión e moito máis, no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha