Barrios 255

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Estamos en verán e nótase, e na nosa portada non ía ser menos. Facemos balance das Festas de Ourense que obtiveron un gran éxito de público. Tamén traemos o cartel do OUFF e da Feira do Viño de Monterrei que se presentaron en sociedade, e o Verán Cultural de Barbadás. Entrevistamos, ademais, a Anxo Varela e Lúa Carballo, de Pruden Tattoo.

O Concello reabre o Posío trala súa rehabilitación; a reforma contou cun investimento de 2,8 millóns de euros. Agosto é o mes do Campamento Urbano de Amencer que dará comezo o día 3 e durará nove días.

Alumnos de Artelandia (na Valenzá -Barbadás-) mostran a súa evolución neste curso mediante unha exposición. Xa están abertas as piscinas municipais de Barbadás. A Casa da Mocidade de Barbadás (rúa Os Diestros 2 -A Valenzá- acolle o luns, 29 de xuño, ás 19.00 horas, unha charla sobre saúde sexual femenina sen tabús.

Mallorca, San Sebastián e Madrid saborean os viños da DO Monterrei. Novos horarios de buses cao Gudiña para coordinar os horarios cos percorridos do AVE. A Xunta concede axudas para a rehabilitación de vivendas no rural coa finaliade de fixar poboación.

Provincia, deportes, opinión e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha