X Feira do Stock de Celanova

Terá lugar os días 29 e 30 e agosto.

O Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova acollerá os días 29 e 30 de agosto a Feira do Stock, que este ano chega á súa décima edición. O evento contará coa implicación do tecido comercial e hostaleiro local, coa participación dunha vintena de tendas de moda, calzado, complementos, fogar e xoguetes.
Así o adiantou a xerente da CHEA, Andrea González, que animou a veciños e visitantes a participar na feira que abrirá as súas portas de 11.00 a 20.00 horas.

Na presentación da Feira, na que tamén estiveron presentes Rosa Díaz e Aurelio Hierro, membros da xunta directiva da asociación, destacouse a importancia de apoiar e mercar ao comercio local.
O alcalde, Antonio Puga, amosou a súa satisfacción por tratarse dunha feira xa plenamente consolidada no calendario local. «Temos que agradecer e darlle a enhoraboa á asociación CHEA e aos participantes, polo seu compromiso e o traballo que levan para mantela e que ano a ano segue a ser un reclamo para que a xente siga vindo a Celanova», dixo o alcalde.
A X Feira do Stock contará ademais con música ambiente, zona gastronómica, recuncho infantil e sorteos.