A Xunta inviste máis de 33.000 euros.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou Laza xunto ao alcalde, José Ramón Barreal, para comprobar o resultado das obras de conservación realizadas na estrada OU-112, que conecta Laza con Cerdedelo.
A actuación, cun investimento superior aos 33.000 euros, desenvolveuse na estrada OU-112, que une Laza coa estación de Cerdedelo, concretamente entre os puntos quilométricos 1,035 e 1,385, nun tramo de 350 metros. Os traballos consistiron na construción dunha gabia de formigón de dous metros de ancho para mellorar a conservación da vía e a seguridade dos peóns
Pardo destacou que estes traballos forman parte da aposta da Xunta por unha mobilidade máis segura e sostible, con especial atención á protección dos peóns.





