O evento reunirá do 17 ao 25 de xullo un total de 25 espectáculos para todos os públicos e ofrecerá un programa accesible.
Do 17 ao 25 de xullo, Ribadavia volverá converterse nun dos grandes puntos de encontro das artes escénicas contemporáneas coa celebración da 42ª edición da Mostra Internacional de Teatro (MIT). Durante nove días, a vila acollerá unha programación composta por 25 espectáculos de teatro, danza, artes vivas, circo, performance e creacións híbridas, ademais de 10 actividades paralelas, repartidas entre quince espazos históricos, rúas, prazas e aldeas do concello.
No segundo ano da dirección artística de Sabela Mendoza e Gena Baamonde, a MIT continúa a apostar pola creación contemporánea, a diversidade de linguaxes e formatos, e “a capacidade da escena para activar pensamento crítico, emoción compartida e novas formas de relación co presente”. A edición de 2026, inspirada nas ideas de cita, eco e reverberación, reivindica a escena como celebración colectiva e espazo de encontro. Estes conceptos serven de base tamén á imaxe do cartel deste ano, obra da artista ourensá Olalla Higo.
O programa concede un lugar especial asuntos como o encontro coa memoria histórica e a resistencia democrática, a exploración da música na escena, e a celebración da diferenza e do encontro coa alteridade. Con atención tamén ás novas dramaturxias e ás propostas comunitarias e de apoio á creación, a programación busca xerar conversa e ‘deixar pegada’.
A accesibilidade é unha das principais novidades desta edición, que inicia unha liña de traballo para incorporar progresivamente medidas como a audiodescrición e a interpretación en lingua de signos, co obxectivo de avanzar cara a un festival máis inclusivo e participativo. Cinco espectáculos da programación contarán xa con estes recursos.
Programación
17 de xullo | Venres
● O Miradoiro (lectura escénica do texto gañador do Premio Abrente 2025) – Alomais Teatro [Función accesible con intérprete de LSE] (Galicia)
● Inauguración oficial [Accesible con intérprete de LSE]
● El bolero – Altraste Danza (Euskadi) Estrea en Galicia
● ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao) – Chévere en coprodución co Centro Dramático Nacional [Función accesible con LSE e AD] (Galicia)
18 de xullo | Sábado
● Entrega do Premio da Academia Galega de Teatro 2026 (Antonio Simón)
● Zoombies (Mostra Aberta/ WIP) – Pedro Vilela (Portugal). Artista seleccionado no programa Residencias Paraíso do Colectivo RPM – Estrea en Galicia
● Colapso – Miguel Oyarzun & Juan Ayala (Madrid) – Estrea en Galicia
● Mercedes máis eu – Janet Novás e Mercedes Peón (Galicia)
19 de xullo | Domingo
● Presentación do libro ‘O Miradoiro’ de Isa Fernández, gañador do 20º Premio Abrente de Textos Teatrais + Conversa editorial
● El discurso (mostra en proceso) – Rosa Romero (Andalucía). Co apoio do programa Residencias PICE de Acción Cultural Española Estrea en Galicia
● Berenguela na gaiola – Xarope Tulú e Galeteatro Galicia. (Galicia) Obra gañadora 4º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais 2024
● Hospital de Campo – Societat Doctor Alonso [Función accesible con LSE e AD] (Cataluña) Estrea en Galicia
20 de xullo | Luns
● El peor espectáculo del mundo. De momento! – Zanguango Teatro (Euskadi)
● A Fortaleza – A Feroz (Galicia/Portugal) Coprodución: Festival Internacional de Teatro de Expresión Ibérica (FITEI) e Centro Dramático Galego. Función coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua . Estrea estatal
21 de xullo | Martes
● Obradoiro O desenterrador de palabras
● Enchivas – (Conferencia performativa de fútbol e matemáticas)Begoña Cuquejo / Erika Roldán. (Galicia/Suiza) Estrea estatal
● Mi madre y el dinero – Pornotráfico [Función accesible con LSE e AD] (México). Estrea en Galicia
22 de xullo | Mércores
● Circanelo – Fredi Muíño (Cía N+1) (Galicia) Función en colaboración coa Escola Galega de Clowns, espectáculo gañador da segunda edición do Clowncurso.
● MONTE – Laboratorio Escénico (Galicia)
● El cuerpo vacío – Cuatro x Cuatro (México). Estrea estatal
23 de xullo | Xoves
● Ribadavia 26 – A Volátil (Galicia/ Andalucía)
● Acción Pálpito – Diàleg Obert (Valencia). Estrea en Galicia
● Bioconstrución – Ibuprofeno Teatro (Galicia) [Función accesible con LSE e AD] Premio do Público da MIT Ribadavia 2025
24 de xullo | Venres
● Jérôme Bel – Jérôme Bel interpreta: María Roja (Francia)*Función coproducida coa Bienal de Artes Vivas de Pontevedra
● Estudio para una extracción – Poliana Lima (Madrid) Estrea en Galicia
● José Afonso, ao vivo nos Coliseus 1983 – Teatro Experimental do Porto (Portugal)
25 de xullo | Sábado
● Obradoiro con Poliana Lima
● Roland Mon Amour – Cris Balboa (Galicia)
● 361º – Proyecto Tránsito (Andalucía)
● Atlas de anatomía – Paula Quintana (Canarias) Estrea en Galicia
Outras actividades:
● Laboratorio COLAPSO de teatro comunitario para mocidade – do 7 ao 18 de xullo
● Residencia artística ‘Zoombies’ de Pedro Vilela (Portugal) – do 7 ao 18 de xullo
● Residencia artística ‘El Discurso’ de Rosa Romero (Andalucía) – do 16 ao 19 de xullo
● Curso ‘A viaxe do pallaso’ con Aitor Basauri, organiza Escola Galega de Clowns – do 20 ao 24 de xullo
● Ciclo de conversas ‘Temos unha cita’ con visitantes internacionais do Programa PICE de Acción Cultural Española e outras convidadas – 20 e 21 de xullo
● Presentación do libro ‘O Miradoiro’, Premio Abrente 2025, coa presenza da súa autora Isa Fernández e o editor César Lorenzo (Aira editorial) – 19 de xullo
● Entrega do Premio de Honra ‘Roberto Vidal Bolaño’ e do 21º Premio Abrente de Textos Teatrais 2026





