Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

9º FITO: «Cena de pájaros»

11 octubre, 2016 @ 8:30 pm - 9:45 pm

8€

A compañía madrileña Los Hedonistas presenta «Cena de Pájaros» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o martes 11 de outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal.

Sinopse
Do tempo xorde o ser, a morte, o nacemento, o matar e comer outros seres vivos. A esencia da vida é devorarse a si mesma. Cena de pájaros confronta as nosas sensibilidades con este feito fundamental.

Conmensurabilidade e comensabilidade conforman un espazo único para esta peza que partindo dunha serie de prácticas alimenticias con paxaros pregúntase polo lugar que ocupa a comida, os animais e a natureza na nosa cultura. Cena de pájaros manexa a idea de que a vida vive doutras vidas á vez que nos axuda a reconciliar as nosas sensibilidades con este feito fundamental.

Cena de pájaros obtivo unha bolsa de residencia artística na sala de teatro Nave73 ata xuño de 2015 e conta coa colaboración do Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid e o Real Xardín Botánico de Madrid.

A compañía
Los Hedonistas é un grupo de investigación escénica que crea experiencias que pretenden ser únicas, memorables, transferencias de aprendizaxe construídas con elementos que proveñen de diferentes enfoques, de backgrounds diferentes.

Deciden vivir a creación dende a orixe, a idea, o texto, a partitura do movemento, a música e, sobre todo, a transformación. “Que todo o traballo se poetice e a esencia humana se faga cada vez máis grande”.

Cada traballo atópase precedido dun coidado proceso de investigación e a súa respectiva documentación. Esta metodoloxía levou á compañía a colaborar de forma habitual con diversas institucións como o Centro de Ciencias Humanas e Sociais (CCHS), o Museo de Ciencias Naturais de Madrid ou o CSIC.

Os traballos de Los Hedonistas caracterízanse porque xeran pensamento crítico e reflexivo, desenvolven a capacidade cohesiva das artes escénicas e constrúen mapas de empatía a partir de coidados e afectos.

Los Hedonistas estiveron no 3º Fito, en 2010.

Detalles

Fecha:
11 octubre, 2016
Hora:
8:30 pm - 9:45 pm
Precio:
8€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local