Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cine: «As 1001 Noites Volume 3, O Encantado»

10 octubre, 2016 @ 8:30 pm

2€

Dentro da sección Luns de Filmoteca do Cineclube Padre Feijoo e en colaboración co CGAI-Filmoteca de Galicia, o luns 10 de outubro proxéctase ás  20:30 e 23 horas, en VOScastelán, «As 1001 Noites Volume 3, O Encantado» de Miguel Gomes.

Nun país europeo en crise, Portugal, un director proponse construír ficcións a partir da miserable realidade que lle rodea. Pero incapaz de atopar sentido ao seu traballo, foxe de xeito cobarde, deixando o seu lugar á bela Sherezade. Ela necesitará ánimo e coraxe para non aburrir ao Rei coas tristes historias dese país. Co transcorrer das noites, a inquietude deixa paso á desolación, e a desolación ao encantamento. Por iso Sherezade organiza as historias en tres entregas. Comeza así: «Oh venturoso Rei, fun coñecedora de que nun triste país…». Libre adaptación de ‘As mil e unha noites’ ambientada no Portugal de hoxe, e dividida en tres películas.

Haberá sesións ás 20:30 e 23 horas. O prezo das entradas é de 2 e 2,5 euros.

Detalles

Fecha:
10 octubre, 2016
Hora:
8:30 pm
Precio:
2€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:

Local

Biblioteca Pública de Ourense
r/ Concello, 11
Ourense, Ourense 32003 España
Teléfono:
988210700