Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

9º FITO: «Petrushka-Extended»

8 octubre, 2016 @ 8:30 pm

8€

A compañía danesa Granhøj Dans presenta «Petrushka-Extended» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o sábado 8 de outubro ás 20:30 horas no Teatro Principal.

Sinopse
En Petrushka-Extended, Palle Granhøj explora unha vez máis o interior da linguaxe da danza. Por segunda vez Granhøj fai fincapé na fusión entre a música de piano en directo e o espectáculo da danza, intentando crear unha verdadeira simbiose entre estas dúas artes, e por terceira vez, usa a execución interrompida da anotación musical introducindo cortes, coa finalidade de crear unha correlación de igualdade entre a música e a danza.
No espectáculo, cinco extraordinarios intérpretes con cinco nacionalidades diferentes e diferentes idades reúnense no escenario para dar a súa interpretación da historia sobre Petrushka, o monicreque, orixinalmente adaptado por Fokin e Igor Stravinsky.

“As figuras danzan, xogan e discuten con ansiedade, pero non te preocupes se non comprendes o que din… Tampouco eles se entenden, porque falan nas súas linguas: ruso, polaco, húngaro, grego e escocés. Benvido e goza desta versión longa dunha hora de Petrushka”, Palle Granhøj.

A compañía
Granhøj Dans é unha compañía de danza internacionalmente recoñecida que está situada na cidade de Aarhus, Dinamarca. As producións de Granhøj Dans son creadas polo director artístico e coreógrafo da compañía, Palle Granhøj, en cooperación cos bailaríns.

O punto de arranque de cada produción é a Técnica de Obstrución, desenvolvida por Palle Granhøj, que fai posible a creación de 25 traballos orixinais nos últimos 25 anos. Baseados nese método de traballo, o coreógrafo moldea os movementos dos actores, descubrindo as leis interiores das súas personalidades no proceso.

Máis que amosar bailaríns e coreografías no escenario, Palle Granhøj quere presentar homes e mulleres tal e como son: xenuínos, vivos e complexos.
Granhøj Dans é a terceira vez que visitan o FITO, xa estiveron con grande éxito nas edicións de 2011 e 2013.

Detalles

Fecha:
8 octubre, 2016
Hora:
8:30 pm
Precio:
8€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local