Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

9º FITO: «Circo mediterráneo»

8 octubre, 2016 @ 7:00 pm - 8:10 pm

A compañía andaluza Rolabola presenta «Circo mediterráneo» dentro da programación do 9º Festival Internacional de Teatro de Ourense. Será o 8 de outubro ás 19 horas no Parque Barbaña.

Sinopse
O Circo mediterráneo é un espectáculo, en formato cabaré, que recolle o mellor da tradición circense incorporando as características artísticas propias do circo contemporáneo. O show conta cun acróbata con fabulosas peripecias, arriscados equilibristas, malabaristas co manexo incrible do diábolo e trapecistas nas alturas conforman parte do elenco artístico deste espectáculo, no que non hai feras pero si algunha mascota coa que nos divertiremos.
Co humor como fío condutor, o presentador e o mestre de cerimonias enlaza os diferentes números que forman o espectáculo para dotar de ritmo toda a montaxe. Despois dunha función do Circo mediterráne, o espectador e espectadora poderá levar á súa casa unha presada de gargalladas e un frasco do mellor circo.

A compañía
Rolabola xestionou espazos propios como a Sala Piruetta e participou na xestión de espazos colectivos como a Carpa de Cubillas. Colaborou na organización de actividades, proxectos, programacións e festivais circenses como Circada, o festival de circo máis importante de Andalucía. E, por suposto, produciu seis espectáculos, realizando máis de 1.000 funcións, incluíndo a maioría dos Festivais e Feiras do Estado (Trapezi, Tárrega, La Bisbal, Palma del Río…) e diversas xiras internacionais en países como Marrocos, Francia, Italia ou Eslovenia. Tamén participou en proxectos de cooperación internacional, con ONG’s como Payasos sin Fronteras en zonas de Palestina e o Sáhara Occidental.

Esta veteranía e a súa visión estratéxica na que o público e a promoción e dignificación do circo sitúase nun primeiro plano, levouna a traballar con máis de 30 artistas e decenas de profesionais do circo ou a cultura. Agora presente este apaixonante proxecto, o «Circo mediterráneo».

Detalles

Fecha:
8 octubre, 2016
Hora:
7:00 pm - 8:10 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Parque Barbaña
Parque Barbaña
Ourense,