Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Cinema: Tolas de alegría

marzo 13 @ 8:00 pm - 10:00 pm

Comeza o ciclo de cine «Mulleres» con Tolas de alegría na Sede Afundación de Ourense

A proxección terá lugar este martes 13 de marzo ás 20.00 h

Afundación, a Obra Social de ABANCA, dá comezo ao ciclo de cinema «Mulleres» na súa sede de Ourense (av. de Pontevedra, 9) coa proxección, mañá martes 13 de marzo, a partir das 20.00 h, do filme Tolas de alegría. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Este ciclo de cine é parte da programación que a Obra Social de ABANCA deseñou para conmemorar o Día Internacional da Muller. As vindeiras proxeccións na Sede Afundación de Ourense serán o 3 de abril con As inocentes, o 10 de abril con Sufraxistas e o 17 de abril con A familia Bélier.

Comedia e drama atópanse en Tolas de alegría, un filme de Paolo Virzì (2016). Beatrice é unha condesa millonaria que no seu momento albergou gran poder e influencia social. Por outra banda, Donatella é unha moza introvertida e de aspecto fráxil. Ambas comparten un pasado tormentoso que fai que terminen nunha institución para tratar enfermidades mentais. Alí coñécense e deciden fuxir do centro, emprendendo así un Thelma e Louise á italiana repleto de sororidade.

Detalles

Fecha:
marzo 13
Hora:
8:00 pm - 10:00 pm
Categoría del Evento:

Lugar

Afundación, Abanca