Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Grupo de Pandereteiras Queixumes dos Pinos

21 abril, 2018 @ 8:00 pm - 10:00 pm

Este sabado día 21 de abril as 20.00 horas no Centro Cultural Queixumes dos Pinos na Rua nosa Señora da Saínza 26 o Grupo de Pandereteiras Queixumes dos Pinos presenta un concerto que por primeira ocasión o fará a modo de espectaculo, un espectaculo baseado na interpretacion de cantigas acompañadas de instrumentos como o acordeón, latas, pandeiretas, etc incluidas dentro de tres escenografias en escena.

Tratase dunha aposta diferente de Queixumes dos pinos de presentar ó seu grupo de Pandereteiras. Un espectaculo para o disfrute do publico asistente que disfrutara ao longo dos 75 minutos de duración. Durante este espectaculo o publico podera ver tamen a utilizacion de distintos vestuarios da tradicion tipica galega.

PRIMEIRA PARTE:
As pandereiras atópanse na eira, onde rematan o traballo, cunha escenografía de traballo, onde as alpacas de palla adquiren un protagonismo especial e se mezclan coas voces das cantareiras.

SEGUNDA PARTE:
As prazas dos pobos eran uns espazos de reunión da xente para cantar e tocar. Na escenografía aparece presente a figura do cruceiro na praza do pobo, ademáis desa figura aparece tamén a fonte do pobo así como as casas que o rodean.

TERCEIRA PARTE:
Chegamos ao momento da festa na bodega, onde o bo viño e a boa compañía fan que a música e os cantos flúan de xeito natural.

Detalles

Fecha:
21 abril, 2018
Hora:
8:00 pm - 10:00 pm
Categoría del Evento:

Local

Centro Cultural Queixumes dos Pinos