Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Uxía e Narf

11 agosto, 2016 @ 11:00 pm - 12 agosto, 2016 @ 12:00 am

Dous grandes da música galega: Uxía e Narf ofrecerán un concerto o xoves, día 11 de agosto, ás 23:00 horas, na Praza de San Martiño, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense dentro do programa Verán Cultural 2016.

Uxía & Narf veñen de publicar o seu primeiro disco conxunto, «Baladas da Galiza imaxinaria». Trátase dun proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous dos artistas máis influíntes da actual música galega e que máis pontes forxaron con países de lingua portuguesa.

Despois de anos de viaxes e experiencias por varios continentes, Uxía e Narf funden neste traballo os seus repertorios nun disco conxunto que incorpora clásicos destes dous autores e tamén temas novos.

Como espectáculo, «Baladas» é un concerto en formato intimista onde os artistas convidan ao público a coñecer as «cancións da lingua viaxeira».

Detalles

Comienza:
11 agosto, 2016 @ 11:00 pm
Finaliza:
12 agosto, 2016 @ 12:00 am
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Praza de San Martiño
Praza de San Martiño
Ourense , Ourense España