Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Concerto: Xosé Constenla

15 julio, 2016 @ 11:00 pm

O músico compostelán Xosé Constenla chega a Xunqueira de Ambía o venres 15 de xullo, para ofrecer unha actuación en formato acústico (voz e dúas guitarras) que dará comezo ás 23:00 horas. Será na Taberna Acevedo, a entrada é de balde e Constenla presentará neste concerto o seu último traballo.

Virada por Avante é o cuarto disco do músico compostelán, integrado por once temas con grande influencia de folk rock americano e tamén da corrente iberoamericana de canción de autor. É o álbum máis maduro, persoal e sofisticado de Constenla, que contou coa participación de Fredi Marugán, produtor e arranxista de recoñecido prestixio que como guitarrista ten acompañado a artistas como Serrat, Miguel Ríos, Luz Casal ou Ismael Serrano, entre moitos outros. Tamén colaboraron neste traballo artistas e técnicos tan recoñecidos como Javier Bergia e Óscar Herrador (Stateroom Studios).

 

Detalles

Fecha:
15 julio, 2016
Hora:
11:00 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Taberna Acevedo
Acevedo s/n
Xunqueira de Ambía, Ourense 32670 España
+ Google Map
Teléfono:
652 59 44 06
Ver la web Local