Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: “Historias de Vida, Amor, Guerra e case Morte»

16 julio, 2016 @ 10:30 pm - 11:30 pm

O concello de Baños de Molgas oferta desta o vindeiro sábado 16 de xullo un espectáculo teatral nun dos seus núcleos de poboación, Meamán, co fin de levar a cultura a outros lugares do concello e non só na propia vila termal.

A cita é no local social de Meamán ás 22:30 h. para escoitar historias de amor, de emigración, de reclusión e guerra da man de Daboapipa, contadas dende a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bágoas, lembranzas e sorrisos.

“Historias de Vida, Amor, Guerra e case Morte» é unha fermosa proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con música ao vivo. Ao longo de varias historias recollidas de experiencias reais, Daboapipa cóntanos historias dos nosos maiores que reflexan dun xeito agarimoso e
divertido a realidade na que vivían

Detalles

Fecha:
16 julio, 2016
Hora:
10:30 pm - 11:30 pm
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Local social de Meamán
Meamán
Baños de Molgas, Ourense España