Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Encontro Coral Solidario “Ourense Canta”

1 junio, 2016 @ 8:25 pm - 10:00 pm

5€

O día 1 de xuño, mércores, ás 20.30 horas a Sala Principal do Auditorio Municipal de Ourense acolle o bo facer de catro grandes agrupacións corais de Ourense: Coro Universitario do Campus de Ourense, a Capela Madrigalista, a Coral do Liceo e a Coral de Ruada, nunha actuación organizada pola Área de Cultura da Vicerreitoría do Campus Universitario de Ourense en colaboración coa Concellería de Cultura de Ourense e destinada a recadar fondos para proxectos de ACNUR, Acto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados.

Non é doado ter unha ocasión única como ésta, xuntar a Coral de Ruada, a Capela Madrigalista, a Coral do Liceo e o noso Coro Universitario do Campus de Ourense. Só pasa unha vez e non deberías deixar pasar a oportunidade.

Tamén hai unha fila 0 para que aquelas persoas que o desexen podan facer a súa aportación na conta ES42 2100 2262 1602 0028 6870 de ACNUR e o concepto “Encontro coral solidario Ourense”.

As entradas son a 5 euros e poden collerse na Unidade Administrativa do Campus de Ourense ata o mércores día 1 (horario de mañá) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes do concerto.

Detalles

Fecha:
1 junio, 2016
Hora:
8:25 pm - 10:00 pm
Precio:
5€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Auditorio Municipal de Ourense
Rúa da Canle, nº 2
Ourense, Ourense 32001 España
Teléfono:
988 391 290
Ver la web Local