Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición “Oráculo agoireiro”

4 abril, 2016 - 30 abril, 2016

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense acolle unha nova exposición “Oráculo agoireiro”, que ofrece a pintura máis recente da artista turca Nesliham Özgenç.

Özgenç ofrécenos un mundo imaxinario onde se reflicten os seus medos e inquedanzas, pero que tamén abre fiestras á esperanza dun destino que supere a convulsa actualidade. Trátase de obras en pequeno formato (35×40 centímetros) realizadas en técnica mixta e que se expoñen por primeira vez.

Esta artista, ten realizado mostras, ademais de en diferentes lugares do seu país, en Londres, Berlín ou Roma; asómase a Ourense despois de coñecer Galicia no ano 2014, onde estivo realizando ao longo de tres meses un estudo sobre a arte galega que, segundo recoñece, tivo unha notable influencia na súa produción artística posterior.

Nesliham Özgenç é licenciada en Belas Artes pola universidade de Uludag, realizou a súa tese sobre “A imaxe da sexualidade e do erotismo na arte occidental do século XX”. Actualmente é profesora no departamento de pintura da Facultade de Belas Artes da Universidade de Sakarya (Turquía).

Esta exposición poderá visitarse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense entre os días 4 de abril e 1 de maio.

 

Detalles

Comienza:
4 abril, 2016
Finaliza:
30 abril, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación
r/ Progreso, 30
Ourense, Ourense 32003 España
Teléfono:
988 317 895
Ver la web Local