Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Exposición: «Via Iacobitana»

2 noviembre, 2016 - 25 diciembre, 2016

A exposición «Via Iacobitana» é unha nova expresión da creatividade contemporánea vinculada á cultura xacobea. Varios fotógrafos galegos que se transforman
en eventuais peregrinos percorren os camiños de Santiago en Galicia e mostran, coa súa particular visión, as sensacións persoais que lles suxire a ruta elixida. Á visión da paisaxe circundante, cambiante segundo a época do ano, variable segundo o tempo atmosférico e a luz, súmase a vivencia da propia peregrinación e o legado cultural que atesoura, coa presenza de cada un dos camiños, do seu rico patrimonio histórico e dos peregrinos que cada ano percorren a Via Iacobitana que os conduce a Compostela.

Cada un destes artistas recolle nas súas imaxes todo un mundo que pasa e permanece, uns camiños vivos, plenos de evocacións e propostas. Rutas de peregrinación a Santiago ao alcance de todo aquel que se fai peregrino e que desexa sentir en carne propia unha experiencia milenaria que o vincula a unha xeografía sagrada única, a un itinerario universal e aberto, berce da cultura occidental e expresión refinada dunha civilización en marcha.

Coas imaxes propostas por Via Iacobitana, evidénciase unha vez máis a multiforme esencia do Camiño de Santiago, o sentido xeneroso e aberto da peregrinación
xacobea, o seu inesgotable e imantador poder de sedución. A sensibilidade artística e a profesionalidade dos fotógrafos que participan na mostra, cativados polos
potenciais e valores dunha experiencia única, forxan un novo legado iconográfico que transcende o instante efémero no que se realiza cada fotografía, para formar
parte dun conxunto perdurable, o legado xacobeo, un tesouro en permanente estado de recreación e renovación.

A exposición pódese visitar no Centro de Coñecemento de La Molinera do 2 ao 25 de novembro, en horario de 08:00 a 20:30 horas de luns a venres.

Detalles

Comienza:
2 noviembre, 2016
Finaliza:
25 diciembre, 2016
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Centro de Coñecemento La Molinera
r/ do Abrevadeiro, 1
Ourense, Ourense 32002 España
+ Google Map