Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

IV Enclave de Cámara: Cuarteto Akilone

3 noviembre, 2016 @ 8:30 pm - 9:55 pm

5€ – 8€

O IV Ciclo de Música Enclave de Cámara presenta o xoves 3 de novembro o concerto do Cuarteto Akilone, formado por Emeline Concé (violín), Elise De-Bendelac (violín), Louise Desjardins (viola) e Lucie Mercat (violonchelo).

O programa inclúe obras de Franz Joseph Haydn, Felix Mendelssohn e Maurice Ravel.

O Cuarteto Akilone, aventura tanto humana como musical, naceu en París en 2011 do encontro de catro músicos cuxas personalidades son tan sensibles como determinadas. Coñecidos pola visión profunda e poética dos traballos que abordan, xúntanse para a consecución dun amplo repertorio para cuarteto de cordas con musicalidade, intelixencia e imaxinación.

Grazas á European Chamber Music Academy (ECMA), tiveron a oportunidade de estudar con grandes músicos de cámara como Hatto Beyerle e Johannes Meissl, cos que traballan agora con regularidade. Alén diso, beneficiáronse do asesoramento inestimable de Vladimir Mendelssohn, Jean Sulem e o Cuarteto Ebene durante o transcurso dos anos que pasaron no Conservatorio de París (CNSMDP), onde se graduaron en 2016.

Este ano, acadaron un importante fito na súa carreira ao resultaren gañadoras do prestixioso e recoñecido  Primeiro Gran Prix no Oitavo Concurso Internacional de Cuartetos de Corda de Bordeos, concurso no que se teñen premiado formacións como os cuartetos Ebène, Zemlinsky ou o coñecido en Ourense Cuarteto Quiroga, e o premio ProQuartet do Centro Europeo de Música de Cámara, Akilone  grazas á súa colorida, harmoniosa e sincera forma de tocar.

Ademais  de tocar con frecuencia en Francia en festivais como o Orangerie de Sceaux, Les Vacances de Monsieur Haydn ou o Festival des Arcs, son tamén convidados ao estranxeiro como RNCM Chamber Music Festival de Manchester. E tamén evolucionan mediante as súas asociacións con outros músicos como Vladimir Mendelssohn, Jean Francçois Heisser ou Jérome Pernoo.

 

 

Detalles

Fecha:
3 noviembre, 2016
Hora:
8:30 pm - 9:55 pm
Precio:
5€ – 8€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,
Web:
www.enclavedecamara.com

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local