Cine: «Phoenix»

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

O vindeiro luns, 2 de maio, a película "Phoenix" clausura a programación de Primavera de Cinemas de Galicia en Verín. Devandito film, premio Fipresci no Festival de San Sebastián, exhibirase ás 18:30 e ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura. "Phoenix" presenta o drama dunha supervivente de Auschwitz, Nelly (Nina Hoss) […]

Cine: «Benjamin Smoke»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Película dirixida por Jem Cohen e Peter Sillen (2000). O lendario músico underground Benjamin Smoke, unha drag-queen con aspecto punk, a voz de Tom Waits e o espírito dun filósofo. O 2 de maio en sesións ás 20.30 e 23 h, con entrada para socios a 2 euros.

2€

Cine: «Glastonbury»

Café Cultural El Pueblo r/Hernán Cortes, 26, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Julien Temple (2006). Documental do famoso Festival de música pop-rock de Glastonbury, no que interviñeron famosos solistas e bandas como David Bowie, Coldplay, Oasis, Primal Scream, Björk, Blur e Massive Attack, entre outros. Sesión ás 20:30 h no Café Cultural «El Pueblo» de Ourense, con entrada de balde.

Concerto: Damien Jurado

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

Non se pode falar dos cantautores urbanos fundamentais dos últimos dous lustros e non mencionar a Damien Jurado. O folk-rock sentido, doído e ao estilo de Seattle do estadounidense está abonado aos parabéns da crítica. Desde 2009, ano en que virou intensamente polo noso país co seu disco máis persoal, "Caugth In The Trees", cambiou […]

17€

Cine: «Edén, lost in music»

Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Mia Hansen-Løve  (2014) Na década dos 90, a música electrónica desenvólvese a gran velocidade. Na excitante vida nocturna parisiense, o mozo Paul dá os seus primeiros pasos como DJ. Sesións ás 18, 20:30 e 23 h, con entrada a 4 euros para socios do Cineclube Padre Feijoo.

€4

Conferencia: «O libro de San Cipriano»

Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, España

O Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acolle o vindeiro  mércores 4 de maio, ás 19:30 horas, a primeira conferencia do ciclo Crenzas Antigas e Mitoloxía:  O libro de San Cipriano, impartida por Félix Castro Vicente, antropólogo e músico. O relator abordará, dun xeito divulgativo, a figura de San Cipriano de Antioquía, […]

Gala Simón Gonzáles

Pazo Paco Paz Finca Sevilla, s/n, , Ourense

O sábado 7 de maio o Pazo Paco Paz acolle unha gala solidaria a favor de Simón González. A partir das 20 horas disputaranse seis combates de kick boxing, boxeo o full contact ademais de exhibicións de ximnasia, dobre minitramp e actuacións musicais. Gala – Homenaxe ao deportista ourensán Simón González, 13 veces Campión do […]

Música: Paul Lewis

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

Este xoves, 5 de maio, ás 20:30h, continúa o ciclo Enclave de Cámara no Teatro Principal de Ourense. É o momento para o recital de piano do británico Paul Lewis (Liverpool, 1972) cun programa que abordará a Schubert, Brahms e Liszt. Paul Lewis está considerado como un dos pianistas máis importantes da súa xeración, as […]

€5

Cine: «Charles Bradley: Soul of America»

Café Pop Torgal r/Celso Emilio Ferreiro,20, Ourense, Ourense, España

Dirixida por Poull Brien (2012) Partindo do LXII aniversario, o filme segue a extraordinaria viaxe do cantante Charles Bradley durante os meses electrizantes e transformadores que conduce ao lanzamento do seu traballo «No Time for Dreaming». Sesión ás 20:30 h no Café Pop Torgal con entrada de balde.