Obradoiro: «A Casa de Manuel María»

Casa da Cultura de Barbadás Rúa San Bernabé 37 , A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

A Concellería de Cultura de Barbadás organiza este venres o obradoiro "A Casa de Manuel María", dirixido a un máximo de 15 nenos e nenas de entre  6 e 12 anos. O obradoiro, que se desenvolverá na Biblioteca da Casa da Cultura da Valenzá, servirá para que os menores coñezan o universo poético de Manuel […]

Presentación do libro: «Amor é unha palabra coma outra calquera»

Espacio cultural Elcercano Cardenal Quevedo, 20, Ourense, Ourense, España

Francisco Castro presenta "Amor é unha palabra coma outra calquera" o venres 13 de maio ás 20h en El Cercano, acompañado pola actriz e escritora Nati Borrajo. Amor é unha palabra coma outra calquera... ou non. Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, […]

Desafío42 Ourense Termal

Maceda, Ourense, Allariz

Os días 14 e 15 de maio celébrase a terceira edición do Desafío42 Ourense Termal. Unha carrreira que se divide en tres etapas a disputar en dous días e completar un maratón. O “Desafío 42” comezará o sábado 14 de maio, ás 16.00 horas, coa disputa da primeira carreira, de seis quilómetros de percorrido, en […]

Día Mundial do Comercio Xusto

Rúa do Paseo (fronte antigo Banco de España) Rúa do Paseo, Ourense, Ourense, España

Solidariedade Internacional de Galicia celebra este sábado 14 de maio o Día Mundial do Comercio Xusto en Ourense. Durante todo o día haberá un stand instalado na rúa do Paseo, diante do Centro Ángel Valente.  Durante a mañá haberá degustacións de produtos de comercio xusto e ás 13 e ás 18 horas xogos en familia.

Concerto: Mª Iciar Sarrano Quiñones

Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, España

O Ateneo de Ourense acolle o sábado 14 de maio  ás 20 horas un concerto a cargo de Mª Iciar Sarrano Quiñones, que interpretará un programa de música española para piano, con obras de Albéniz, Granados e Manuel de Falla, entre outros.    

Concerto: Love of Lesbian

Paco Paz Ourense, Ourense, España

A banda indie Love of Lesbian ofrecerá un concerto no Pazo dos Deportes "Paco Paz" de Ourense o vindeiro 14 de maio, única actuación no noroeste da península e na que presentará o seu novo traballo discográfico. O concerto será o colofón das actividades do ICC Week 2016, que organiza e promove a Deputación de […]

18€

Teatro: «Latente»

Teatro Principal de Ourense Rúa da Paz, 9, Ourense , Ourense, España

O Teatro Principal de Ourense acolle a compañía Paula Quintana que presenta este sábado 14 de maio ás 20:30 horas, "Latente", premio especial mellor artista/espectáculo emerxente en Unore Azoka Leioa. Actriz, bailarina, creadora, Paula Quintana alterna o traballo con compañías coa súa carreira como creadora baseada nunha comunicación visceral, de persoa que sente a persoa […]

€10 – €15

I Feira Solidaria en Verín

Praza da Mercé Praza da Mercé, Verín, Ourense, España

Este domingo 15 de maio celébrase na praza da Mercé de Verín a  I Feira Solidaria,  na que participan asociacións sen ánimo de lucro da comarca de Monterrei. Haberá actuacións musicais, charlas e actividades variadas. Estará aberta ao público de dez da mañá ás oito da tarde.

Concerto: Airas Ensemble

Museo Etnolóxico de Ribadavia rúa de Santiago, 10, Ribadavia, Ourense, España

O Museo Etnolóxico de Ribadavia invita á cidadanía a celebrar os seus 30 anos aberto ao público, cun concerto o domingo 15 de maio do grupo de cámara Airas Ensemble, formado por novos músicos galegos. Intepretarán o Quintento de Vento en La maior, de Carl August Nielsen, La cheminée du roi René, suite de Darius […]

Cantacontos

Casa da Cultura de Allariz Castelo s/n, Allariz, Ourense, España

Susa Herrera e as Comadres presentan en Allariz "Cantacontos. Cantando historias de animais". Será o domingo 15 de maio ás 18 horas na Casa da Cultura, con entrada a 2 euros (con tarxeta cidadá) e 3 euros sen ela.