Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro: «Latente»

14 mayo, 2016 @ 8:30 pm - 9:30 pm

€10 – €15

O Teatro Principal de Ourense acolle a compañía Paula Quintana que presenta este sábado 14 de maio ás 20:30 horas, «Latente», premio especial mellor artista/espectáculo emerxente en Unore Azoka Leioa.

Actriz, bailarina, creadora, Paula Quintana alterna o traballo con compañías coa súa carreira como creadora baseada nunha comunicación visceral, de persoa que sente a persoa que sente. Fondo e forma constitúen un único elemento ao servizo do cal se xera unha linguaxe propia. Recibe o Premio Especial á Mellor Artista/Creadora Emerxente “pola madurez mostrada para integrar danza e teatro, con espectáculos depurados e con grandes posibilidades de proxección”, Feira Umore Azoka 2015, Leioa, Biscaia.

Nada en Tenerife, fórmase desde a infancia en danza clásica, contemporánea e flamenco.

A venda anticipada de entradas para a presentación “Latente” está dispoñible a través de www.ataquilla.com   e do teléfono 902504500. Na taquilla do teatro o 14 de maio de 12:00h a 14:00h. e dúas horas antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 15€ (butaca, platea), 15€ (1º andar), 12€ (2º andar), 10€ (paraíso e VR).

Detalles

Fecha:
14 mayo, 2016
Hora:
8:30 pm - 9:30 pm
Precio:
€10 – €15
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
,

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Ver la web Local