Cine: «Rent»
Espazo Lusquiños av. Marín, 16, Ourense, Ourense, EspañaDirixida por Chris Columbus (2005). Baseado nun exitoso musical de Broadway, «Rent» é unha ópera rock galardoada con 4 premios Tony e cuxo libreto recibiu o premio Pulitzer en 1996. Narra a historia dun grupo de mozos bohemios que tratan de abrirse camiño na vida no día a día do barrio de «East Village», en […]
Correndo por Ourense
O Couto C/ Dalí, Ourense, Ourense, EspañaO sábado 21 de maio o barrio do Couto acolle a segunda carreira do IV circuíto de carreiras populares "Correndo por Ourense".
Concerto: Jorge Rossy Vibes Quintet
Café Latino Praza Santa Eufemia, 7, Ourense, Ourense, EspañaDentro do XX Festival de Jazz de Primavera, concerto de Jorge Rossy Vibes Quintet o domingo 22 de maio ás 22:30 horas no Café Latino. Entrada a 15 euros.
Cine: «Killer of sheep»
Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, EspañaDirixida por Charles Burnett (1978). Stan é un home común, un traballador de cor dun matadoiro de Los Angeles, cunha vida chea de dificultades e contradicións no seu ámbito social e familiar. O filme foi gravado durante varios fins de semana ao longo de varios anos. Sesións ás 20:30 e 23 h. Entrada a 2 […]
Cine: «Starbuck»
Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, EspañaDirixida por Ken Scott (2011). Aínda que David Wozniak doou moito seme na súa mocidade, nunca puido imaxinar que chegaría a ter 533 fillos. Vinte anos despois, 142 deles queren coñecerlle, e emprenden unha acción legal conxunta para pescudar a identidade do seu pai biolóxico, de quen só se sabe o seu nome en clave […]
Conferencia «O Romanticismo na pintura»
Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, EspañaDurante os días 25 e 26 de maio – de 19:30 a 20:30 horas- Nuria Alvarez Font impartirá, durante dúas xornadas consecutivas, a conferencia "O Romanticismo na Pintura" na Casa da Cultura de Verín. Nuria Álvarez Font -que se formou en Historia da arte na Universidade de Barcelona e está centrada na investigación artísticas- achegará […]
Cine: «Bernie»
Biblioteca Pública de Ourense r/ Concello, 11, Ourense, Ourense, EspañaDirixida por Richard Linklater (2011). En Carthage, un pobo de Texas, Bernie Tiede (Jack Black), un enterrador moi querido por toda a xente do pobo, faise amigo dunha rica e malvada viúva (Shirley McLaine). Sesións ás 18, 20:30 e 23 h, con entrada a 4 euros para socios do Cineclube Padre Feijoo.
Coloquio “Crise humanitaria: ás portas de Europa”
Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, EspañaEste mércores 25 de maio, ás 19:30 horas, no Ateneo de Ourense, haberá un coloquio "Crise humanitaria: ás portas de Europa", no que intervirán Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e deputado de AGE xunto con Sofía Díaz, responsable de políticas sociais de EU. No acto proxectarase o documental "Las muertes de Ceuta".
Concerto do Conservatorio Profesional de Música de Ourense
Praza de San Martiño Praza de San Martiño, Ourense , Ourense, EspañaEste xoves 26 de maio o Conservatorio profesional de Música de Ourense, ten previsto realizar (sempre que a climatoloxía o permita), un concerto na Praza San Martiño ás 19h. Actuarán a Banda infantil e a Banda de Grao profesional con interpretación de obras de diversos estilos e autores.
Conferencia: “Notas geológicas de la Depresión de Ourense”
Ateneo de Ourense av. Habana, 25, baixo, Ourense, Ourense, EspañaEste jueves 26 de mayo a las 20:15 horas, conferencia “Notas geológicas de la Depresión de Ourense” a cargo del profesor José Ramón Seara Valero, en el Ateneo de Ourense. En ella tratará algunos aspectos de la geología de la ciudad de Ourense y sus alrededores: sus distintos tipos de rocas, su geomorfología, la importancia […]