Exposición Fotográfica

Museo do Entroido rúa 2 de Maio, 27, Xinzo de Limia, Ourense, España

Este venres 22 de xullo  inaugúrase en Xinzo a Exposición Fotográfica itinerante da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas. A inauguración terá lugar ás 21:00 horas na parte de abaixo do Museo Galego do Entroido. A exposición poderá visitarse ata o 31 de xullo.

Teatro: «Los Chismorreos de las mujeres»

Praza da Mercé Praza da Mercé, Verín, Ourense, España

O vindeiro domingo 24 de xullo, ás 22:00 horas, a Praza da Mercé acolle a obra de teatro familiar de MDM Producciones “Los Chismorreos de las mujeres”. Devandita  actuación está organizada e patrocinada polo Concello de Verín. Checchina, filla do comerciante Pantalón, e Beppo, un home dunha boa familia, están a piques de casar. Desgraciadamente […]

Exposición “Verín, o ferrocarril soñado”

Auditorio Municipal de Verín Camiño a Balneario de Sousas, Verín, Ourense, España

Ata finais de setembro, o  Auditorio Municipal de Verín acollerá a exposición ”Verín, o ferrocarril soñado” de Alberte Blanco Casal. Sobre os soños de homes adiantados ao seu tempo, como André, Eduardo Chao ou Gallego Bazal vai esta exposición, baseada no traballo de investigación “O conflito de intereses no camiño de ferro de Zamora a […]

Música: Brincavai!

Parque dos Patos Parque dos Patos, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, actuación musical de Brincavai! o xoves 28 de xullo ás 21 horas no parque dos Patos da Valenzá.

Cine: «Os fenómenos»

Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, proxección da película "Os fenómenos" o venres 29 de xullo ás 22:30 horas no parque da Solaina da Valenzá.

Contacontos

Tenda Comercio Xusto r/ Bailén, Ourense, Ourense, España

O vindeiro sábado día 30 de xullo, na Tenda de Comercio Xusto de Ourense disfrutarán dun conto a través dos cinco sentidos: "Irene en Oriente Próximo" A protagonista Irene, achegaranos un pouquiño mais a Oriente Próximo. Non perdas a oportunidade de pasar un bo rato en familia e aprender algo novo! O horario do contacontos […]

Música: Blues do país

Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, actuación musical de Blues do país o xoves 4 de agosto ás 21 horas no parque da Solaina da Valenzá.

Documental: «Cesteando»

Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense, España

O Museo da Limia acolle o 5 de agosto, no seu programa Noites no Museo, a proxección do documental "Cesteando" de Plácido Romero, ás 18:30 horas, na sala anexa ao liño, seguido do concerto de Mini e Mero, ás 21 horas, no patio do museo.

Obradoiro e cine infantil

Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, obradoiro de cinema e cine infantil con A Caixiña dos Mistos, o luns 8 de xullo ás 11 horas no parque da Solaina e ás 19 horas ao carón da piscina municipal dos Carrís da Valenzá.

Espectáculo infantil: «Peter Punk, peor imposible»

Parque Ansuíña Parque Ansuíña, Baños de Molgas, Ourense, España

O mércores 10 de agosto, a partir das 20 horas, no parque Ansuíña de Baños de Molgas, terá lugar o espectáculo infantil "Peter Punk, peor imposible".