Cine: «Os fenómenos»

Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, proxección da película "Os fenómenos" o venres 29 de xullo ás 22:30 horas no parque da Solaina da Valenzá.

Contacontos

Tenda Comercio Xusto r/ Bailén, Ourense, Ourense, España

O vindeiro sábado día 30 de xullo, na Tenda de Comercio Xusto de Ourense disfrutarán dun conto a través dos cinco sentidos: "Irene en Oriente Próximo" A protagonista Irene, achegaranos un pouquiño mais a Oriente Próximo. Non perdas a oportunidade de pasar un bo rato en familia e aprender algo novo! O horario do contacontos […]

Música: Blues do país

Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, actuación musical de Blues do país o xoves 4 de agosto ás 21 horas no parque da Solaina da Valenzá.

Documental: «Cesteando»

Museo da Limia Rúa Celanova, 63, Vilar de Santos, Ourense, España

O Museo da Limia acolle o 5 de agosto, no seu programa Noites no Museo, a proxección do documental "Cesteando" de Plácido Romero, ás 18:30 horas, na sala anexa ao liño, seguido do concerto de Mini e Mero, ás 21 horas, no patio do museo.

Obradoiro e cine infantil

Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

No programa de verán de Barbadás, obradoiro de cinema e cine infantil con A Caixiña dos Mistos, o luns 8 de xullo ás 11 horas no parque da Solaina e ás 19 horas ao carón da piscina municipal dos Carrís da Valenzá.

Espectáculo infantil: «Peter Punk, peor imposible»

Parque Ansuíña Parque Ansuíña, Baños de Molgas, Ourense, España

O mércores 10 de agosto, a partir das 20 horas, no parque Ansuíña de Baños de Molgas, terá lugar o espectáculo infantil "Peter Punk, peor imposible".

Concerto de órgano

Mosteiro de San Rosendo Praza Maior, Celanova, Ourense, España

O claustro do Mosteiro de San Rosendo de Celanova acolle este xoves un concerto de órgano a cargo de Marisol Mendive; trátase dun concerto didáctico de órgano para público en xeral que comezará ás 20:30 horas. O mesmo día desenvolveranse as segundas xornadas de portas abertas do Mosteiro, con visitas guiadas gratuítas todo o día, […]

Teatro: «As mil e unha noites»

Parque dos Patos Parque dos Patos, A Valenzá - Barbadás, Ourense, España

Na programación de verán de Barbadás, o xoves 11 de agosto representarase "As mil e unha noites", obra de teatro para todos os públicos. Será ás 21 horas no parque dos Patos da Valenzá. Sinopse A crueldade do sultán, a intelixencia de Sherezade, a pillería de Aladín, a aventura de Alibabá... todo tornará nun xogo […]

Concerto: Uxía e Narf

Praza de San Martiño Praza de San Martiño, Ourense , Ourense, España

Dous grandes da música galega: Uxía e Narf ofrecerán un concerto o xoves, día 11 de agosto, ás 23:00 horas, na Praza de San Martiño, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense dentro do programa Verán Cultural 2016. Uxía & Narf veñen de publicar o seu primeiro disco conxunto, "Baladas da Galiza imaxinaria". […]

Musical rock: «Raiba»

Parque Ansuíña Parque Ansuíña, Baños de Molgas, Ourense, España

O domingo 14 de agosto, ás 23 horas no parque Ansuíña de Baños de Molgas,  terá lugar o musical rock "Raiba".