Obradoiro e cine infantil
Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, EspañaNo programa de verán de Barbadás, obradoiro de cinema e cine infantil con A Caixiña dos Mistos, o luns 8 de xullo ás 11 horas no parque da Solaina e ás 19 horas ao carón da piscina municipal dos Carrís da Valenzá.
Xornadas de Folclore
As XXXIII Xornadas de Folclore desenvólvense entre o 8 a 17 de agosto en 16 localidades ourensás: Ourense, A Rúa, Allariz, Bande, Castro Caldelas, Celanova, Entrimo, Maceda, Manzaneda, O Barco, O Carballiño, Ribadavia, Trives, Verín, Viana do Bolo e Xinzo de Limia. Nesta edición participan seis grupos chegados dende Sudáfrica, Bolivia, Colombia, Rusia, Arxentina e Serbia que amosarán […]
Espectáculo infantil: «Peter Punk, peor imposible»
Parque Ansuíña Parque Ansuíña, Baños de Molgas, Ourense, EspañaO mércores 10 de agosto, a partir das 20 horas, no parque Ansuíña de Baños de Molgas, terá lugar o espectáculo infantil "Peter Punk, peor imposible".
Concerto de órgano
Mosteiro de San Rosendo Praza Maior, Celanova, Ourense, EspañaO claustro do Mosteiro de San Rosendo de Celanova acolle este xoves un concerto de órgano a cargo de Marisol Mendive; trátase dun concerto didáctico de órgano para público en xeral que comezará ás 20:30 horas. O mesmo día desenvolveranse as segundas xornadas de portas abertas do Mosteiro, con visitas guiadas gratuítas todo o día, […]
Teatro: «As mil e unha noites»
Parque dos Patos Parque dos Patos, A Valenzá - Barbadás, Ourense, EspañaNa programación de verán de Barbadás, o xoves 11 de agosto representarase "As mil e unha noites", obra de teatro para todos os públicos. Será ás 21 horas no parque dos Patos da Valenzá. Sinopse A crueldade do sultán, a intelixencia de Sherezade, a pillería de Aladín, a aventura de Alibabá... todo tornará nun xogo […]
Concerto: Uxía e Narf
Praza de San Martiño Praza de San Martiño, Ourense , Ourense, EspañaDous grandes da música galega: Uxía e Narf ofrecerán un concerto o xoves, día 11 de agosto, ás 23:00 horas, na Praza de San Martiño, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense dentro do programa Verán Cultural 2016. Uxía & Narf veñen de publicar o seu primeiro disco conxunto, "Baladas da Galiza imaxinaria". […]
Musical rock: «Raiba»
Parque Ansuíña Parque Ansuíña, Baños de Molgas, Ourense, EspañaO domingo 14 de agosto, ás 23 horas no parque Ansuíña de Baños de Molgas, terá lugar o musical rock "Raiba".
Musicoloco
Parque dos Patos Parque dos Patos, A Valenzá - Barbadás, Ourense, EspañaNo programa de verán de Barbadás, o 18 de agosto haberá a actuación do paiaso e clown Musicoloco, no parque dos Patos da Valenzá a partir das 21 horas.
Conferencia: “Ser muller en México”
Casa da Cultura de Verín r/Irmáns La Salle, Verín, Ourense, EspañaO vindeiro mércores 24 de agosto, ás 20.15 horas, Lorena Mosqueda Juárez , psicóloga experta en xénero, imparte a conferencia “Ser muller en México” no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. Mosqueda está unida a Galicia e quere amosar nesta visita a Verín a través dunha charla veraniega e refrescante a realidade […]
Cine: «Vida, máis ca vida!»
Parque da Solaina Parque da Solaina s/n, A Valenzá - Barbadás, Ourense, EspañaNo programa de verán de Barbadás, proxección da película "Vida, máis ca vida!" o venres 26 de agosto, ás 22 horas no parque da Solaina da Valenzá.