Galería de Arte Visol

Galería Visol r/Santo Domingo, 33, Ourense, Ourense, España

Galería de Arte Visol Exposición na Galería de Arte Visol "Desde el Medievo" Ata o 28 de abril.

Cinema: Sufraxistas

Afundación, Abanca

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema «Mulleres» na súa sede de Ourense (av. de Pontevedra, 9) coa proxección, martes 10 de abril, a partir das 20.00 h, do filme Sufraxistas. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade. 

Terra Máxica en Verín

Auditorio Municipal de Verín Camiño a Balneario de Sousas, Verín, Ourense, España

O vindeiro sábado 21 de abril, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle o espectáculo “Laboratorio Máxico” da compañía arxentina Mundomandarina. Devandita actuación, enfocada para toda a familia, é o derradeiro do tres espectáculos programados polo  Festival “Terra Máxica” para a vila de Verín.

Concerto: Grupo de Pandereteiras Queixumes dos Pinos

Centro Cultural Queixumes dos Pinos

Este sabado día 21 de abril as 20.00 horas no Centro Cultural Queixumes dos Pinos na Rua nosa Señora da Saínza 26 o Grupo de Pandereteiras Queixumes dos Pinos presenta un concerto que por primeira ocasión o fará a modo de espectaculo, un espectaculo baseado na interpretacion de cantigas acompañadas de instrumentos como o acordeón, […]

Concerto en Xinzo

Casa da Cultura de Xinzo Praza Carlos Casares, Xinzo de Limia, Ourense, España

O alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia celebrará o seu concerto didáctico no presente curso o venres día 27 no salón de actos da Casa de Cultura e Xuventude en dúas funcións: ás 11 h da mañá, para os colexios de primaria da comarca; e as 20:00h de entrada libre para […]

Teatro na Valenzá

Sala da Cultura da Valenzá

O próximo 27 de Abril ás 20 horas, a compañía de teatro amateur THE-Sastre, estreará a  obra  “COSA NOSTRA” na Sala de cultura Manuel María a Valenza(Barbadas).

Concerto: Os Coribantes, no Carballiño

Auditorio municipal do Carballiño

O grupo Os Coribantes ofrecerá este sábado, 28 de abril, no auditorio municipal do Carballiño, un concerto extraordinario de primavera para presentar o seu novo repertorio con temas inéditos e que incorporan ademáis dos instrumentos musicais tradicionais de Galicia outros foráneos. Asemade, contarán coa colaboración de músicos de Son de Seu e incluso un do […]

Conferencia: Javier Urra

casa da cultura do Carballiño

O ex Defensor do Menor e psicólogo Javier Urra, acudirá o próximo venres, 4 de maio, ao Carballiño para pronunciar unha conferencia na Casa da Cultura. A charla, que ten como título “O reto de coñecerse”. A conferencia terá lugar ás 20 h., do venres, 4 de maio, no salón de actos da Casa da […]

Carreira popular Xinzo de Limia

Xinzo de Limia

A Carreira Popular Concello den Xinzo de Limia, será o domingo 13 de maio, cun percorrido de 10km, homologado pola Federación Galega de Atletismo, no circuito máis rápido de Galicia. Como en edicións anteriores haberá carreiras para os menores.

II Xornada de carreiras de cabalos

O xoves, 17 de maio celebrase no hipódromo de Antela a segunda xornada de carreira de cabalos "Gran premio Día das Letras Galegas. A partir das 11 horas.