A exposición "Lembrando aos que xa non están" estará aberta no Liceo ata o 30 de maio. É unha mostra que recolle coleccións de socios que a día de hoxe xa non están connosco, senón, disfrutando da eternidade e cun particular engadido: de xeito xeneroso e desinteresado fixeron doazón desas coleccións á nosa sociedade e […]
O Museo acolle máis de medio centear de óleos, moitos deles de grande formato, entre os que podemos atopar retratos, paisaxes, figuracións abstractas e mesmo interpretacións en clave colorista de cadros de Picasso ou Velázquez. Un percorrido pola psicodelia e unha viaxe introspectiva no particular universo de Alva. Ata o vindeiro día 10 de xuño […]
AAN in ART Esta exposición colectiva reune ós artistas: Xoán Guerreiro, Saudade Artiaga, Vari Caramés, Miguel Monasterio, Mar Barral, Xosé Vizoso, Xoán Lomarti, María X. Fernández, Luis Seoane, Ignacio Basallo, Antonio López, Quintana Martelo, Ana DMatos, Xosé Artiaga, Mauro Leivas, Tono Carbajo, Luis Fega e Daniel Caxigueiro. Ata o 17 de xuño Lugar: Sala 2 […]
Aoutorretratos, de artistas ourensáns 24 de maio ó 15 de agosto Lugar: Sala 1 Horario: Luns a sábado de 11.00 a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h. Precio: De balde
2 de xuño, ás 20.30 horas, na igrexa da Santísima Trinidade. Concerto de música medieval, con instrumentos do Pórtico do Paraíso. Alumnos e profesores do I Curso de Música Medieval da Deputación de Ourense.
O artista ourensán Pablo Otero continúa coa segunda parte da súa exposición Colpo di Fulmine, a continuación da obra exposta na sala Valente desde o mes de maio. Nesta segunda parte, o artista expón pezas de menor formato, pero atravesadas por un denominador común: a procura da verdade a través da luz. Así, o artista […]
Proxección da curtametraxe "Os catro amigos", no Centro Cultural Marcos Valcárcel. O xoves, 28 de xuños, ás 16 horas. Producido por personas con TEA, esta curtametraxe de carácter formativo ten como finalidade amosar o traballo de habilidades sociais mediante o cine. Englóbase dentro do programa de intervención terapéutica da Asociación Autismo Ourense.