Exposición peromanente "Os nosos fondos" Museo Municipal. Horario: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas; os domingos, de 11:00 a 13.30 horas; os luns permanece pechado.
Arturo Baltar. Belén de Ourense. Aberto de luns a venres de 11:00 a 14:00 h Claustro de San Francisco O claustro gótico, edificado na primeira metade do s. XIV, entre 1325 e 1350, é dun estilo gótico de forte tradición románica. Foi declarado Monumento Nacional en 1926. Pódese visitar en horario: de martes a sábado, […]
Martes, 3 de novembro: «Persoa», ás 17 e 20 horas. Elisabeth, unha importante actriz teatral, é hospitalizada tras perder a voz durante unha representación de Electra. Despois de someterse a unha serie de probas, o diagnóstico é bo. Con todo, como segue sen falar, debe permanecer na clínica. Alma, a enfermeira encargada de coidala, tenta […]
Mércores, 4 de novembro: «Tres cores: azul», ás 17 e 20 horas. Nun accidente de coche, Julie perde ao seu marido Patrice, un prestixioso compositor, e á súa filla Anna. Ao recuperarse das súas lesións, decide comezar unha nova vida, independente, solitaria e anónima, afastada dos privilexios que antes gozaba. Olivier, o axudante de Patrice, […]
Xoves, 5 de novembro: «O anxo exterminador», ás 17 e 20 horas. Despois dunha cea na mansión dos Nóbile, os convidados descobren que, por razóns inexplicables, non poden saír do lugar. Ao prolongarse a situación durante varios días, a cortesía no trato deixa paso ao máis primitivo e brutal instinto de supervivencia. Unha parábola sobre […]
Xoves, 5 de novembro, as 20.30h na Sala Principal: "Cinco Mulleres que comen tortilla”. • Compañía: Señora Supina • Obra teatral dirixida a público adulto. • Entrada: 5€
Venres, 6 de novembro: «O home que matou a Liberty Valance», ás 17 e 20 horas. Ransom Stoddard, un ancián senador do Congreso dos Estados Unidos, explica a un xornalista por que viaxou coa súa muller para asistir ao funeral do seu vello amigo Tom Doniphon. A historia comeza moitos anos antes, cando Ransom era […]
Domingo, 8 de novembro: «A viaxe dos comediantes», ás 17 horas. Durante a Segunda Guerra Mundial, Grecia sofre a ocupación das tropas nazis. Nesas circunstancias, unha compañía teatral realiza unha xira polo país, aínda que as súas representacións se ven continuamente interrompidas polos conflitos políticos. Por outra banda, unha das actrices tenta vingarse da súa […]
Xoves, 12 de novembro, as 20.30h, no Auditorio Principal: Concerto do Dúo del Valle. • Interpretes: Victor e Luis del Valle. • Entradas: 8€ • INFO na web do ciclo: aquí.
Sábado, 14 de novembro, as 19.00h, na sala principal: “A viaxe de José” • Compañía: Grupo Fiadeiro. • Obra músico-teatral dirixida a tódolos públicos • Entrada: Gratuíta, até completar aforo
Domingo, 15 de novembro, as 18.00h, na Sala Principal: "Os nenos da Variola”. • Compañía: Pérez&Fernández • Obra teatral dirixida a tódolos públicos. • Entrada: 5€
Xoves, 19 de novembro, as 20.30h, na Sala Principal: "Shakespeare en Berlin". • Compañía: Arden Produciones • Obra teatral dirixida a público adulto. • Entrada: 8€
Domingo, 22 de novembro, as 12.00h, na Sala Principal: "Un lugar chamado mundo". • Compañía: Verdeveras Produccións artísticas • Conto musical teatral, dirixida a público infantil. • Entrada: 3€
Domingo, 22 de novembro, as 20.30h, no Auditorio Principal: Concerto do Dúo Cassadó, para festexar á Patroa da Música • Interpretes: Damian Martínez Marco (violonchelo) e Marta Moll de Alba (piano) • Entrada: 8€
Mércores, 25 de novembro, as 20.30h: “En terras alleas”. Cen anos de música viaxeira. • Intérpretes: Delia Agúndez (soprano), María Alejandra Saturno (viola de gamba) e Alicia Lázaro (laúd) • Entrada: 8€
Xoves, 26 de novembro, as 20.30h: “Os albores do Lied”. Beethoven & Schubert. • Interpretes: Tobias Berndt (barítono) e Alejandro Picó-Leonis (piano). • Entrada: 8€
Venres, 27 de novembro, as 20.30h: Homenaxe ao Ano Nós. Concerto con textos de Pedrayo, Risco e Cuevillas, así como outros de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger, ou Curros Enríquez • Lírica galega • Interpretes: Nuria Lorenzo (mezzosoprano) e Alejo Amoedo (piano). • A noite rematará cunha estrea, un regalo de Juan Durán, premio Raíña […]
Exposición: Cara á estrema do eido. 29 de Outubro ó 10 de Xaneiro Centro Cultural da Deputación (Marcos Valcárcel) Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.
Exposición: Auga, pedra e luz. Ourense e Almería no itinerario poético de José Ángel Valente. Centro Cultural da Deputación (Marcos Valcárcel) 14 de Novembro ó 10 de Xaneiro Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.
Cine: Cidadán Kane Un importante magnate estadounidense, Charles Foster Kane, dono dunha importante cadea de xornais, dunha rede de emisoras e dunha inimaxinable colección de obras de arte, morre en Xanadú, o seu fabuloso castelo de estilo oriental. A última palabra que pronuncia antes de expirar, «Rosebud», cuxo significado é un enigma, esperta unha enorme […]
Xoves, 3 de decembro: «O pantano», ás 17 e 20 horas. En febreiro, nos pantanos do noroeste de Arxentina, a sufocante calor mestúrase con choivas tropicais. Dúas familias (unha de clase media urbana e outra de produtores rurais en decadencia) entrecrúzanse no sopor provinciano dunha Salta caótica e inmutable, onde nada sucede pero todo está […]
Venres, 4 de decembro: «O camiño», ás 17 e 20 horas. Cinco prisioneiros dun cárcere turco reciben permiso para viaxar ás súas casas durante unha semana. Cada un deles ten os seus propios problemas, preocupacións e nostalxias. Rigorosas leis, escritas e non escritas, e un sistema brutal son unha carga que pesa sobre eles. Sofren […]
Domingo 6 decembro | 12 h | Todos os públicos LAMBETADAS, de Talía Teatro. Unha lambetada é un doce, algo saboroso, que se come por gusto. Pero tamén é a acción de pasar a lingua buscando un efecto agradable. Partindo da dobre acepción da palabra elaboraremos un doce e gorentoso espectáculo teatral, pasando a lingua […]
Domingo, 6 de decembro: «Fellini, oito e medio», ás 17 horas. Guido Anselmi é un prestixioso director de cinema que se atopa en metade dun proxecto imposible de acabar. O realizador está a atravesar unha crise de inspiración e a presión exercida polos que o rodean non lle axuda a saír do ensimismamento. Nesta situación, […]