Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

MITEU: «La ciudad sitiada»

15 abril, 2016 @ 8:30 pm - 9:15 pm

3€

GRUPO TEATRO EL MAYAL – ULE
PROCEDENCIA CASTILLA Y LEÓN
ESPECTÁCULO LA CIUDAD SITIADA
AUTORA LAILA RIPOLL
DIRECCIÓN JAVIER R. DE LA VARGA

A guerra e a barbarie, solsticios e equinoccios que volven unha e outra vez, destruíndo vidas, desgarrando almas, mirando a propia
esencia do ser humano. Non importa o lugar nin o tempo. A memoria é fraxil. A humanidade cópiase a sí mesma. O horror repítese,
as bágoas teñen o mesmo sabor aquí e alá, pero o reparto da dor nunca é igual. A ración para os débiles sempre é maior.

Novamente o teatro volve sobre un tema tan universal, tan antigo, tan presente. A cidade sitiada amosa sen edulcorantes a morte, a
vida, e a morte en vida dos seres humanos en tempos de guerra. Coma nun macabro álbum de feridas, os personaxes deambulan
diante da nosa ollada invitando á reflexión.

Perante o espectador acontece un ‘desfile’ tan duro coma fermoso. A beleza das palabras e a forza das imaxes son tan precisas para
a traxedia, como as tráxicas vidas que se expoñen ou coma o humor negro, que zarrapica a obra nalgún instante.

Laila Ripoll dános a oportunidade de medrar coma seres humanos. ‘La ciudad sitiada’, como bo teatro, ofrécenos a oportunidade de
ser mellores persoas.

Detalles

Fecha:
15 abril, 2016
Hora:
8:30 pm - 9:15 pm
Precio:
3€
Categoría del Evento:
Etiquetas del Evento:
, ,

Local

Teatro Principal de Ourense
Rúa da Paz, 9
Ourense , Ourense España
Teléfono:
988 241 492
Web:
http://www.teatroprincipalourense.com