Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Na portada traemos varias das actividades máis destacadas da provincia no ano. Vilanova dos Infantes engalánase para homenaxear o Día das Letras Galegas coa Romaría Etnográfica Raigame que terá lugar o 17 de maio; Xinzo prepárase para a quinta edición das Vestalias que se celebrará o 30 de maio; e a procesión de Fátima congregou, novamente, a milleiros de fieis polas rúas da capital ourensá. Ademais a Baixa Limia acolleu a Strade Termal.
Ou Yeah! 2026 comeza en Expourense, con Loquillo como cabeza de cartel; tamén haberá citas no Carballiño, con Burning, e no Paco Paz, con Luz Casal. As vivendas de Cambedo da Raia serán para alugueiro; o 40% estarán destinadas para menores de 36 anos.
O Concello de Ourense conta con pasos de peóns inclusivos e vén de rematar a rehabilitación do parque infantil da praza Taboada Chivite, en Vistafermosa.
As obras da N-525, á altura de Xinzo, marchan a bo ritmo. O Esquecemento pasa o testemuño ao Arde Lucus na asamblea anual de festas históricas. Xinzo acolle esta fin de semana a Festa dos Entroidos e Máscaras.
Unha mostra fotográfica achega as peregrinacións polo mundo, na Casa dos Poetas de Celanova ata o 6 de xuño. Nova peza para a exposición sobre a Virxe do Cristal, obra do escultor Leandro Sánchez.
Allariz festexa o Día das Letras Galegas cunha programación especial en recoñecemento da figura de Begoña Caamaño. O FIXA florece coa liberdade e abre as súas portas o 16 de maio.
Ribadavia brinda co viño do Ribeiro na 63ª Feira do Viño pechou cun gran éxito de participación. A eclipse, centro do novo número da revista Raigame; complétase con achegas sobre crenzas e artigos de investigación.
Ocio, opinión, deportes e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha





