Barrios 253

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

A portada nesta ocasión é moi deportiva: Traemos o Rallye de Ourense que celebra a súa 59ª edición e o calendario do Mundial de Fútbol Fifa 2026.

Entrevistamos a Anxo Varela e Lúa Carballo, as persoas que están detrás de Pruden Tattoo. Polas Festas de Ourense pasarán M-Clan, Miguel Ríos, Hard Gz e Rober Bodegas, entre outros, onde non faltarán os fogos artificiais, o Mercado Medieval, o Festas das Cores ou os bailes de breaking.

O Concello de Ourense reabre o Posío trala súa remodelación. Concecta Lab abordou a remuda xeneracional. Ponte Velle celebra este ano o seu 25º aniversario.

Civitas Limicorum, de Xinzo, achégase aos 700 socios. Os días 15 e 16 celébrase o Abrazo ao Limia con alumnos da Limia e Portugal.

Cámaras de control no Casco Histórico de Allariz; implantadas grazas ao Plan de Sostibilidade Turística en Destino. Celebración do 3º Certame de Decoración polo Orgullo LGTBIQ+. O vindeiro 30 de agosto, Allariz acollerá unha das probas da primeira edición do Circuíto Basket 3×3 Deputación de Ourense.

Celanova ponse a bailar; acolle o 18º Festival de Baile “Baila Conmigo”. Vilanova dos Infantes presume de beleza; é proclamado un dos pobos máis fermoso de España. Xoel López actuará no Rock Entre Pedra e Poesía.

Deporte, provincia, opinión e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha