Festival PeDRa

Celébrase en cinco localizacións: Loiro, Puga, Viduedo e Trasalba e reivindica o papel dos camiños de Santiago como xeradores desa “chuvia miúda” cultural.

O festival PeDRa celebra este ano a súa sexta edición cun programa que espalla a cultura por catro espazos da contorna de Ourense: Loiro, Puga, Viduedo e Trasalba. A iniciativa, organizada pola A.C. A Bela Auria e cofinanciada pola Xunta de Galicia a través do programa O Teu Xacobeo, aspira a reunir máis de 1.200 persoas ao longo das cinco xornadas previstas.
O festival reivindica o papel dos camiños de Santiago como xeradores desa “chuvia miúda” cultural que se espalla pola xeografía galega, combinando patrimonio, música, tradición, ciencia, artesanía e propostas contemporáneas.

Loiro, en Barbadás, será o principal escenario desta edición, con dúas xornadas, os días 28 e 29 de agosto, no Museo Etnográfico Loiro na Memoria. A programación arrincará o venres 28 ás 18.00 horas cun espazo dedicado aos videoxogos en galego, ao que seguirá un obradoiro de theremin impartido por Paulo Pascual. A xornada continuará cunha proposta de +q3D sobre a recuperación de terras raras e rematará cun concerto comentado de theremin.

O sábado 29, PeDRa despregará en Loiro unha ampla programación desde as 11.00 horas, coa ruta micolóxica guiada por Carlos Rafael, xogos populares, esgrima histórica e teatro infantil. A música terá tamén un protagonismo destacado, con actuacións de Phantom Dragsters, LinheDJ, Os Terribles da Cabeanca, Lubicáns, DJ Tristón, Raiba e DJ Dani Tamayo.

A xornada incluirá ademais actividades vinculadas ao patrimonio e á historia, como o obradoiro Conseguir ouro como un romano, con Óscar Penín, e unha experiencia de arqueoloxía experimental dedicada á oleiría tal e como se practicaba no castro de Trelle.
Tras o paso por Loiro, o festival continuará o 12 de setembro en Viduedo (Cea), cunha ruta de sendeirismo e visitas a proxectos artesanais e culturais, concerto de Axeigo, a entrega do I Premio ao Compromiso Cultural e un fiadeiro. O día 13, a carballeira de Puga, en Toén, acollerá unha ruta polos portos da Ribeira do Miño, un obradoiro de cestería, contacontos e o concerto de Columna Vegana. Finalmente, o 25 de setembro, PeDRa chegará á Fundación Otero Pedrayo, en Trasalba (Amoeiro), con xogos populares e un contacontos de Uxía Morán.

28 DE AGOSTO | LOIRO (BARBADÁS)
Lugar: Museo Etnográfico Loiro na Memoria
18:00 · Espazo de videoxogos en galego
19:00 · Obradoiro de theremin – Con Paulo Pascual
20:00 · Obradoiro: Como recuperar terras raras – Con +q3D
21:00 · Concerto comentado de theremin – Con Paulo Pascual

29 DE AGOSTO | LOIRO (BARBADÁS)
Lugar: Museo Etnográfico Loiro na Memoria
11:00 · Ruta micolóxica – Saída do 30 da rúa do Buleiro – Guía: Carlos Rafael
12:00 · Xogos populares – Xogos da Bela Auria
12:00 · Obradoiro de Esgrima Histórica – AOEH
12:00 · Teatro infantil – A Run Run Teatro
13:30 · Concerto – Phantom Dragsters
15:00 · Concerto – LinheDJ
16:00 · Concerto de música tradicional – Os Terribles da Cabeanca
16:30 · Obradoiro: Conseguir ouro como un romano – Con Óscar Penín
18:00 · Concerto de música tradicional – Lubicáns
18:00 · Obradoiro de arqueoloxía experimental: oleiría coma no castro de Trelle
19:30 · Concerto – DJ Tristón
21:15 · Concerto de rock – Raiba
22:30 · Concerto – DJ Dani Tamayo

12 DE SETEMBRO | CEA
Lugar: Centro Social Casa Alén de Viduedo (Cea)
16:00 Ruta de sendeirismo + visitas a proxectos artesanais e culturais do Concello de Cea
18:30 Concerto de música tradicional – Axeigo
Entrega do Iº Premio ao Compromiso Cultural
Fiadeiro

13 DE SETEMBRO | TOÉN
Lugar: Carballeira de Puga
10:00 · Ruta guiada Os portos da Ribeira do Miño – Asociación Amigos Patrimonio de Toén
12:00 · Obradoiro de cestería – Será por Vimbios
12:30 · Contacontos – Anxo Moure
13:30 · Concerto – Columna Vegana

25 DE SETEMBRO | TRASALBA – AMOEIRO
Lugar: Fundación Otero Pedrayo
12:00 Xogos populares – Xogos da Bela Auria
13:00 Contacontos – Con Uxía Morán