As inscricións poderán formalizarse ata o vindeiro 4 de decembro.
O Concello de Allariz convoca unha nova edición do Concurso de Escaparates do Nadal 26/27, unha iniciativa destinada a dinamizar o comercio de proximidade e contribuír á creación dun ambiente festivo nas rúas do municipio durante as festas do Nadal. Este certame súmase ás iniciativas municipais previstas para estas datas, entre as que se atopan a decoración de Nadal, a campaña O Peto dos Desexos e a programación de Nadal, que se presentarán nos vindeiros días.
A convocatoria é gratuíta e está aberta a todos os comercios, establecementos hostaleiros e negocios con escaparate situados no termo municipal de Allariz. As inscricións poderán formalizarse ata o vindeiro 4 de decembro de 2026 enviando un correo electrónico a comercio@allariz.gal, facendo constar o nome do establecemento, a persoa de contacto, o enderezo e un teléfono.





